domingo, 1 de febrero de 2026



En 2024, Galicia rexistra un saldo vexetativo negativo de –19.399 persoas, consecuencia dun menor número de nacementos que de defuncións. Só o concello de Ames presenta saldo positivo.

-Os nacementos continuaron descendendo en Galicia e situáronse en 13.350 no ano 2024, un 4,67% menos que no ano anterior.

-Durante 2024, as defuncións ascenderon a 32.749, concentrándose máis da metade en persoas de 85 e máis anos.

-No segundo trimestre de 2025, os nacementos aumentaron un 5,34 % respecto ao mesmo período do ano anterior, taxa non observada desde o terceiro trimestre de 2008.