Hoxe o Grupo Municipal Popular do PP da cidade de Ourense difundiu esta nota de prensa:
"No pleno do mes de xaneiro
O PP solicitará ao goberno local que
esixa formalmente ao Goberno de España a activación das obras da Estación
Intermodal
● “Catro anos
despois da chegada da alta velocidade á cidade, a estación intermodal continúa
practicamente paralizada, cun grao de execución das obras que apenas alcanza o
2,59 %, tal e como indican as respostas oficiais do Goberno socialista en decembro de
2025 a preguntas formuladas no Congreso dos Deputados”, subliña a edil Noelia Pérez
● Os populares
tamén solicitan que se adopten medidas e solucións urxentes ante a saturación
do aparcadoiro da estación, que ten unha parte importante das prazas ocupadas
por vehículos de alugueiro e renting, reducindo as prazas dispoñibles para os
viaxeiros
● “Falamos dunha
estación estratéxica e de referencia que segue sen avances visibles mentres
noutras cidades galegas as obras das estacións xa están rematadas ou moi
avanzadas. Esta situación evidencia un agravio claro a Ourense e pon de
manifesto a falta de interese do Goberno central polos proxectos que son clave
para o desenvolvemento da cidade”, denuncia a concelleira
14 de xaneiro de 2026 O
Grupo Municipal Popular levará ao vindeiro pleno do Concello de Ourense unha
moción para esixir ao Goberno de España e a ADIF Alta Velocidade a activación
inmediata e real das obras da estación intermodal, así como medidas urxentes
para solucionar a saturación do seu aparcadoiro.
O PP alerta da “lentitude extrema e inxustificable” dun
proxecto estratéxico para Ourense e para Galicia. “Catro anos despois da
chegada da alta velocidade á cidade, a estación intermodal continúa
practicamente paralizada, cun grao de execución das obras que apenas alcanza o
2,59 %, tal e como indican as respostas oficiais do Goberno socialista en decembro de 2025
a preguntas formuladas no Congreso dos Deputados”, subliña a edil Noelia Pérez.
Segundo explican os populares, a día de hoxe non se
iniciaron actuacións fundamentais como a ampliación do edificio de viaxeiros, o
novo paso elevado accesible para facilitar o paso á zona de vías, a reforma da
praza de acceso que segue sen unha marquesiña, nin a pasarela peonil cuberta que
cruzará sobre as vías da estación entre A Ponte e O Vinteún. “Falamos dunha estación estratéxica e de referencia que
segue sen avances visibles mentres noutras cidades galegas as obras das
estacións xa están rematadas ou moi avanzadas”, denuncia a popular.
“Esta situación evidencia un agravio claro a Ourense e
pon de manifesto a falta de interese do Goberno central polos proxectos que son
clave para o desenvolvemento da cidade”, engade a concelleira.
Á parálise das obras súmase, ademais, o grave problema da
saturación do aparcadoiro da estación intermodal. “Unha parte importante das
prazas está ocupada por vehículos de alugueiro e renting, o que reduce as
prazas dispoñibles para os viaxeiros e xera molestias continuas e unha mala
imaxe da cidade. Incluso o propio ADIF recoñece a alta ocupación do
estacionamento, especialmente en determinadas franxas horarias, pero non adopta
solucións eficaces”, asegura a edil.
Desde o PP critican tamén a falta de reacción do goberno
municipal ante esta situación. “Resulta especialmente chamativo o silencio e a
pasividade do alcalde de Ourense, que debería estar liderando unha defensa
firme dos intereses da cidade fronte ao Goberno de España”, afirma Noelia
Pérez.
Por todo iso, a moción do PP insta ao goberno municipal a
esixir formalmente ao Executivo central e a ADIF a activación inmediata das
obras da estación intermodal, cun ritmo de execución acorde á importancia do
proxecto, así como a adopción de medidas urxentes para garantir que o
aparcadoiro cumpra a súa función prioritaria ao servizo dos usuarios do
ferrocarril.
