
Con Antonio en decembro de 2019
Sinto moito o falecemento ocorrido onte de Antonio Rodríguez, unha gran persoa que me precedeu na representación política no Congreso dos Deputados.
Naceu en maio de 1944 no concello de A Peroxa e foi deputado pola provincia de Ourense, na I, II, III, IV e V Lexislaturas. Tamén tivo acta no Senado na VI Lexislatura.
Foi tamén Secretario Xeral do PS de G-PSOE e Presidente do PS de G-PSOE, entre outros cargos.
Tíñalle en gran estima e consideración, pola súa sensatez e bonhomía e tamén pola firme defensa dos seus ideais políticos e dos intereses da provincia de Ourense.
Recordo agora a entrevista que nos fixo o xornalista de "La Región" Pablo Galán en decembro de 2019 que titulaba “Memorias da democracia: 40 anos de “un cambio brutal" e subtitulaba “Antonio Rodríguez e Celso Delgado, pasado e presente en Cortes, reflexionan sobre a saúde do política”
Este é a ligazón a esa entrevista:
https://www.laregion.es/comarca-de-ourense/memorias-democracia-40-anos-cambio-brutal_1_20191208-3066846.html
O meu sentido pésame á súa familia e a todos os seus compañeiros do Partido Socialista de Galicia.