Participo esta mañá na 48ª edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño que reuniu a miles de corredores en Ourense.
Nesta ocasión corremos por un percorrido renovado de 10 quilómetros desde o Puente do Milenio ata a meta situada na Praza de Concepción Arenal.
A edición deste ano pechou as inscricións con 10.384 participantes, dos cales 3.502 competirán na proba absoluta e 4.904 están inscritos nas categorías sub-18, sub-16, sub-14, sub-12 e sub-10, mentres que a carreira inclusiva contou con 1.978 participantes.
Na categoría masculina, o triunfo correspondeu a David de la Fuente Gómez, que completou o percorrido en 00:30:14 e na categoría feminina, a vitoria foi para Ester Navarrete Santana, cun rexistro de 00:33:40


