viernes, 7 de noviembre de 2025

Nas vésperas da carreira popular do San Martiño


O vindeiro domingo 9 de outubro terá lugar a 48 edición da carreira popular do San Martiño. Estou inscrito e esta tarde fun a recoller o dorsal.

A carreira absoluta sairá ás 11.00 horas da Ponte do Milenio e avanzará polas rúas Xesús Pousa, Avenida de Marín, Otero Pedrayo, Castelao, Cardenal Quevedo, Habana, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Paza Maior, Bispo Carrascosa, Moratín, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Ben-Cho-Shey, Ramón Puga, Nosa Señora da Saínza, Avenida de Zamora (até a Glorieta da estrada de San Cibrao das Viñas), Avenida de Zamora, e rúa do Progreso, para rematar na Praza de Concepción Arenal.


A continuación sairán da Ponte do Milenio as carreiras Sub18 (12.10 h), Sub16 (12.20 h) e Sub14 (12.30 h), con percorrido por Basilio Álvarez, Avenida de Santiago, Francisca Herrera, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Colón,  Padre Feijóo, Lugo e Progreso até a meta na Praza de Concepción Arenal.

As categorías Sub12 e Sub10 sairán ás 12.50 e ás 13.05 horas desde A Ponte do Milenio e avanzarán por Basilio Álvarez e a Avenida das Caldas a rematar na Ponte Romana.


Finalmente, a carreira inclusiva sairá ás 13.20 horas da Ponte do Milenio e discorrerá por  Basilio Álvarez, Avenida das Caldas,  Ponte Romana e Pardo de Cela, onde estará a meta.