martes, 21 de octubre de 2025

O PPdeG celebra o avance no Congreso do debate sobre o traspaso da AP-9 a Galicia despois da “insistencia ata a saciedade” dos populares

 


Por fin despois de 60 prórrogas —45 nesta lexislatura—, a Mesa do Congreso acordou pechar o prazo de presentación de emendas ao articulado á Proposición de Lei Orgánica de Transferencia da Titularidade e Competencias á Galicia por parte dos grupos parlamentarios, que se coñecerán mañá. En total, foron case seis anos de bloqueo desde que en decembro de 2019 dera inicio a tramitación desta proposición.

Desde o PPdeG celebramos este avance, e queremos deixar claro que este paso foi posible grazas á enorme presión exercida desde o primeiro día polo noso partido, tanto no Congreso como noutras institucións. Insistimos ata a saciedade para que se puxera fin ao que consideramos un auténtico atropelo democrático”, expresou hoxe, en declaracións remitidas aos medios, o deputado galego do PPdeG e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Congreso, Celso Delgado.

Delgado lamenta o tempo perdido por “un boicot orquestrado” polo Goberno de Pedro Sánchez e de Óscar Puente, coa colaboración do PSOE e Sumar e coa condescendencia do BNG. “Foi a presión exercida a que obrigou ao Excutivo central a dar este paso”, engadiu sobre a transferencia da autoestrada á nosa Comunidade, que foi demandada catro veces de forma unánime polo Parlamento autonómico.

“É imprescindible que a, partir de agora, a tramitación desta iniciativa non volva ser adiada polo Goberno de Sánchez nin polos grupos que o sustentan. É fundamental actuar con dilixencia. Desde o PPdeG manterémonos vixiantes e esixentes, ata lograr o que todos ansiamos desde o primeiro día: que a proposición de lei orgánica se tramite e que a AP-9 sexa finalmente transferida a Galicia”, rematan os populares.

O Partido Popular non rexistrará ningunha emenda ao articulado, respectando o texto unánime do Parlamento de Galicia.

El Congreso levanta, tras casi 500 días, el veto a debatir la transferencia de la AP-9 a Galicia

https://www.larazon.es/galicia/congreso-levanta-veto-debatir-transferencia-ap9-galicia_2025102168f79e97f7eba841481e1b77.html


https://www.g24.gal/-/ppdeg-e-bng-celebran-o-desbloqueo-da-tramitacion-da-transferencia-da-ap-9?p_l_back_url=%2Fsearch%3Fq%3Dap-9&p_l_back_url_title=Búsqueda

https://www.elespanol.com/treintayseis/actualidad/galicia/20251021/congreso-desbloquea-definitivamente-traspaso-autopista-ap-9-galicia/1003743979688_0.html


https://www.eleconomista.es/infraestructuras-servicios/noticias/13604386/10/25/el-congreso-desbloquea-de-forma-definitiva-la-tramitacion-de-la-ley-para-el-traspaso-de-la-ap9.hola 


https://www.elprogreso.es/articulo/galicia/tramitacion-ley-traspaso-ap-9-queda-desbloqueada-forma-definitiva-congreso/202510211659541917621.html#

https://www.diariodesantiago.es/galicia/ppdeg-y-bng-celebran-el-desbloqueo-de-la-tramitacion-de-la-transferencia-de-la-ap-