martes, 21 de octubre de 2025



O Consello da Xunta autorizou onte o nomeamento María Deza Martínez como directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI). Releva a Francisco Menéndez, que cesa a petición propia. 

 

María Deza Martínez é licenciada en Dereito (pola rama económica empresarial) pola Universidade de Vigo e posúe un máster en Economía e Xestión da construción, especialidade en Xestión Inmobiliaria e Urbanística pola Universidade da Coruña. Ata agora, voceira e primeira tenenta de alcalde no Concello de Sanxenxo.

 

Estreouse como deputada no Parlamento polo grupo do PPdeG pola provincia de Pontevedra na actual Lexislatura, ata a data voceira na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos e vicepresidenta na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.


Noraboa a nova directora da AXI e todo o meu recoñecemento ao impecable traballo de Francisco Menéndez durante os últimos 11 anos.