miércoles, 22 de octubre de 2025

Os socialistas volver a rexieitar a transferencia da titularidad da AP-9 a Galicia quebrando o acordo unánime do Parlamento galego


Esta tarde coñecemos as emendas ao articulado que foros reistradas á Proposición de lei orgánica de transferencia da titularidade e competencias da Autoestrada do Atlántico AP-9 a Galicia.

Finalmente houbo once emendas, tres do Grupo Parlamentario SUMAR e oito do Grupo Parlamentario Socialista. 


Coñecidas fixen esta primeira valoración en nome do PPdeG:


“As emendas do PSOE á proposición de lei orgánica de traspaso da AP-9 a Galicia van en dirección contraria á vontade dos galegos e galegas e son un quebranto á postura unánime que en catro ocasións manifestou o Parlamento autonómico. Apostan por desactivar a transferencia da “titularidad e competencias” e limitarla a “unha transferencia de competencias sobre administración e explotación”

 

Desde o PPdeG, albergabamos esperanzas de que o PSOE mudaría o seu posicionamento, pero finalmente mantivo os argumentos que xa utilizou a pasada lexislatura, opoñéndose frontalmente á transferencia da titularidade da AP-9.


O socialismo, cun dobre discurso en Galicia e en Madrid, négase a traspasar a a titularidade da autoestrada e pide que se manteña na Rede de Carreteras do Estado.


Pola súa banda, despois de non lograr representación nas últimas eleccións galegas, Sumar corrobora definitivamente que se afastou da nosa Comunidade, utilizando esta proposición de lei para coar dúas disposicións que nada teñen que ver con esta importante cuestión.


Por último, confírmase que a influencia e o servilismo do BNG co Goberno de Sánchez unha vez máis non serviu para nada: os seus acordos de investidura seguen sendo papel mollado e esta vez viu como os seus socios presentaron emendas desnaturalizando a transferencia.


Desde o PPdeG continuaremos loitando por unha AP-9 galega e sen peaxes.”