martes, 7 de octubre de 2025

Desde OP PP reclamamos que debe pecharse a prazo de presentación de emendas ao articulado da PLO de transferencia da AP-9, porque “só deste xeito” a proposición poderá ser debatida na Comisión de Transportes

 


Esta mañá a Mesa do Congreso dos Deputados tomou a decisión de pechar o prazo de presentación de emendas á totalidade da PLO de transferencia  da AP-9 a Galicia.

Pero continúa aberto o prazo de presentación de emendas ao articulado ata o 15 de outubro. Así estamos xa #ante 44 aprazamentos na presente lexislatura á que hai que engadir 15 máis da anterior, o que representa un total de 59.

O deputado do BNG, Néstor Rego dun xeiro triunfalista atribuíuse o logro do peche pola Mesa do prazo de emendas á totalidade engadindo que “se non hai emendas á totalidade, a próxima semana sería o (fin de) prazo de emendas parciais”

Desde o PPdeG e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Congreso, Celso Delgado, lamentou hoxe a aprobación da prórroga número 59, desde que Pedro Sánchez chegou á Moncloa, ao prazo de presentación de emendas á proposición de lei orgánica relativa á transferencia da AP-9 a Galicia.

A novidade da sesión da Mesa do Congreso de hoxe foi que se pechou o prazo de presentación de emendas á totalidade da proposición, despois dos citados adiamentos, pero aínda continúa aberto o prazo para as emendas ao articulado.

En total, sinalan os populares, son xa case seis anos de bloqueo desde que en decembro de 2019 dera inicio a tramitación desta proposición na Cámara Baixa.

Así, o PPdeG vai seguir insistindo en que debe pecharse a prazo de presentación de emendas parciais, porque “só deste xeito” a proposición poderá ser debatida na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible, onde se deberá reunir unha ponencia e tomar unha decisión ao respecto.

“Sorpréndenos moito que o BNG pretendera asumir hoxe o protagonismo dun cambio de posicionamento que non é así, porque hai que lembrar que é un socio de investidura de Pedro Sánchez, un socio habitual das posicións que defende o Goberno central”, sinala Celso Delgado.

O deputado deixa claro que o independentismo galego é “responsable” de que esta transferencia, un mandato unánime de todos os grupos do Parlamento de Galicia, “se prorrogara tantas veces a pasada lexislatura e seguira bloqueada na actual”. “É responsable de que a día de hoxe sigamos nesta situación: sen traspaso da autoestrada e sen gratuidade”, engade.

“O único partido que leva protestando e criticando semana a semana esta posición do Goberno central, ese é o PPdeG. Levamos anos denunciando, desde todas as cámaras, este agravio de Sánchez con Galicia e cos galegos e galegas, e seguirémolo facendo ata conseguir o que queremos”, conclúe Delgado.