jueves, 2 de octubre de 2025

En Galicia o paro rexistrado medra en setembro nun 3,09 % e queda fixado en 113.085 persoas que é a cifra máis baixa da serie histórica

 


Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2025.

Galicia

O mercado laboral galego acaba setembro con 113.085 persoas, medrando o paro rexistrado en relación co mes anterior en 3.394 persoas, un 3,09 %.

Na comparativa interanual, o paro baixou en 7.907 persoas (-6,54 %).

Cómpre destacar que o bo comportamento do mercado laboral galego é transversal ás catro provincias e ás sete cidades. A maiores, na evolución anual o paro cae en todos os eidos económicos, liderando o descenso a construción (-11,75 %), o primario (-11,26 %), a industria (-9,25 %) e, por último, os servizos (-5,34 %).

Ourense 

Medra o paro rexistrado en setembro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 557 persoas, un  4,17 %.

O número de parados queda en 13.902 deles 5.617 son homes e 8.285 mulleres, 13.210 son maiores de 25 anos e 692 menores.

Por sectores, 605 son da agricultura, 1.349 da industria, 770 da construción, 9.644 dos servizos e 1.534 do colectivo sen emprego anterior.

Na comparativa interanual, o paro baixou en 790 persoas (-5,38 %).