Onte o comité de empresa de Alcoa San Cibrao reuniuse coa Comisión de Industria do Congreso e outros deputados interesados, entre eles eu.
Nesta reunión o deputado lucense, Francisco Conde, destacou que “Alcoa ten que cumprir cos investimentos comprometidos” do mesmo xeito que “o Goberno do Estado ten que garantir a subministración eléctrica ante o risco dun segundo apagamento, así como un prezo eléctrico que nos poña en igualdade de condicións con respecto aos nosos competidores”.
“Pero a realidade é moi distante disto”, lamentou. Na actualidade o Goberno de Pedro Sánchez “está a incumprir con todos os compromisos que asumiu na firma do memorándum coa Xunta” mantendo un prezo eléctrico case tres veces máis caro que en Francia e un 40% respecto a Alemaña.
A estes agravios hai que engadir que tampouco se están a cumprir os compromisos de axudas anunciadas, como tampouco se permitiu o desbloqueo dos parques eólicos vinculados con Alcoa “que anunciara o Señor Gómez Besteiro hai xa dous anos”.
Francisco Conde destacou que o sentir entre os traballadores “é de total impotencia” ao ver como o Goberno central “está a comprimir o futuro da planta e do emprego na Mariña” polo que “seguiremos a demandar no Congreso dos Deputados a reunión inmediata da Mesa de Seguimento para desbloquear a situación”.
SITUACIÓN ACTUAL
O Goberno do Estado segue sen aplicar as bonificacións ás empresas polas compensacións de CO2 “que non cobren a totalidade dos 917M€ que as empresas pode chegar a compensar, polo que os 600M€ que se bonifican na actualidade son claramente insuficientes”.
“A realidade é que o Goberno central mantén bloqueados os parques eólicos de Alcoa, que xa tiñan a DÍA aprobada, así como a inexistencia de medidas para compensar os custes dos servizos de axuste para reforzar o sistema eléctrico e evitar un segundo apagamento, que están a incrementar a factura de familias e empresas”, sinalou.
A esta situación tamén se engade que o Goberno do Estado segue sen aprobar un real decreto lei para garantir a bonificación do 80% das peaxes.


