Esta mañá os representantes do PSOE e de Sumar na Mesa do Congreso acordaron aprazar ata o 24 de setembro o prazo para a presentación de emendas á Proposición de Lei Orgánica, presentada polo Parlamento de Galicia, para que a titularidade e as competencias da autoestrada do Atlántico (AP-9) transfíranse á Comunidade Autónoma de Galicia.
Un texto que chegou aprobado por unanimidade da cámara autonómica e que en xuño de 2024 foi tomada en consideración co voto de 309 deputados e tan só 33 en contra (VOX). E ademais acordouse a súa tramitación polo procedemento de urxencia.
Estamos diante da pórroga 41 nesta lexislatura e que sumadas aos 15 adiamentos da lexislatura anterior e que suman en total 56.
Indignante boicot dunha Mesa do Congreso sometida aos dictados de Pedro Sánchez.