jueves, 25 de septiembre de 2025

Os atrasados, esquecidos ou aínda pendentes proxectos de infraestruturas estatais en Ourense desacreditan o triunfalismo expresado polo Delegado do Goberno

 

Onte a delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, deu unha rolda de prensa na Subdelegación do Goberno en Ourense, acompañado polo subdelegado Eladio Santos, e lannzou mensaxes notoriamente triunfalistas sobre os investimentos en infraestruturas nesta provincia, chegando a falar duns investimentos cifrados en 1.200 millóns de euros, pero sen facer un desagregado desta suma nin diferenciar entre licitación, adxudicación e execución. E sen acotar o espazo temporal ao que se referían os datos e mesmo computando investimentos noutras provincias.

Farei algúns comentarios sobre proxectos mencionados:


Entre estas actuacións citadas, o delegado puxo o foco na licitación onte mesmo das obras de saneamento do río Barbaña e da mellora da EDAR de San Cibrao, que ese mesmo día se licitaban no BOE, e que contan cun investimento de 35 millóns de euros. 

Como xa teño dito sen dúbida estamos ante unha moi boa noticia que celebro, pois levamos moitos anos desde o PP insistindo en que se activarán os trámites administrativos e que se producise esta licitación. Como resaltamos ata a saciedade  estamos ante un proxecto absolutamente necesario para garantir o saneamento do Río Barbaña, tratando cunha instalación moderna e de maior capacidade as augas residuais dunha poboación que foi aumentando notablemente e as das actividades industriais do maior polígono da nosa provincia.

Pero o delegado do Goberno debe lembrar que a tramitación deste Proxecto tivo moitas incidencias, erros, e a lamentable perda de financiamento con cargo ao FEDER 2014-2020, en contía de 14.889.406,18 €. Sobre todo, destacan as enormes dilacións. Vexamos, o 6 de xullo de 2017 o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio ambiente licitou a redacción do proxecto, que logo foi contratado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica en xullo de 2018. Houbo que esperar ata o 18 de novembro de 2021 para que  se sometese a información pública.

En xaneiro de 2022 polo presidente da CHMS, Sr. Quiroga e en nota oficial anunciou que as obras se licitarían a finais de 2022 e tal cousa evidentemente non ocorreu.

O 8 de febreiro de 2024, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, formulou a declaración de impacto ambiental e o 14 de xaneiro de 2025 o BOE publicou un Anuncio da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Ou.A., polo que se sometía novamente a información pública o citado Proxecto. E finalmente o expediente do “Proxecto Finalización do Saneamento del Río Barbaña. Mellora EDAR San Cibrao das Viñas- Fase II”, aprobouse tecnicamente o 2 de abril de 2025.

Pedro Blanco falou tamén sobre as obras e o equipamento do novo Centro de Regulación de Circulación que estará na estación de San Francisco e que eu considero un investimento necesario para a substitución do CTC de Ourense e integralo na nova arquitectura de nodos redundantes do CTC Noroeste que ofrece unha maior versatilidade e permite aumentar considerablemente a dispoñibilidade.

Falou o delegado da modernización da liña Ourense-Monforte-Lugo na que acaba de coñecerse a noticia de finalización das obras do túnel de Oural. Pero compre dicir que o investimento mencionado de 626 millóns de euros se materializa principalmente na provincia de Lugo. As obras executadas na nosa provincia afectan ao traxecto entre Ourense e Os Peares. O tramo Ourense-Monforte de Lemos pertence á liña Monforte de Lemos-Bif. Chapela (línea 810) e ten unha lonxitude de 46 qm. 

En todo caso compre sinalar que a distancia entre as dúas capitais do interior de Galicia percórrense hoxe en 01:53 e unha vez que finalicen todas as obras os tempos estarán en 01:30. É dicir os tempos de viaxe por esas melloras reduciranse tan só en 23 minutos.

En consecuencia, estamos ante unha renovación integral da liña Ourense-Monforte de Lemos-Lugo (117 km), para así conectar coa rede de alta velocidade en Ourense. Pero non podemos fala dunha “Nova liña de Alta Velocidade Ourense-Monforte de Lemos-Lugo” e lamentablemente tampouco de “velocidade alta” xa que non superará o 160 km/hora.

Pero se se construísen as dúas variantes de trazado, que foron comprometidas no seu día, Os Peares-Canabal e a de Rubián reduciríanse  a maiores, os tempos de viaxe en 23 minutos e deixarían a conexión Ourense-Lugo en 1 hora e sete minutos.

O delegado lembrou de pasada, ademais, outros proxectos en marcha na provincia, sen dar máis detalle:


Circunvalación do Barco de Valdeorras:


Debería ter falado o delegado dos antecedentes deste proxecto extremadamente retrasado. Son estos:

O 26 de xullo de 2019 a Dirección Xeral de Estradas adxudicou as obras de construción do tramo de estrada de conexión entre as nacionais N-120 e N- 536 entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense, á UTE formada polas empresas VÍAS E CONSTRUCIÓNS, S.A.; Aglomerados e Construcións Valdeorras, S.A. (ACOVAL) e Petrolam Infraestruturas, S.L. por un importe de 39,00 millóns de €, 47,19 (IVE incluído) o que supuxo unha baixa do 25,85 % sobre o orzamento basee de licitación, e un prazo de execución de trinta e seis (36) meses.

A formalización mediante documento administrativo tivo lugar o 12 de setembro de 2019, coa firma do contrato por ambas as partes. Con data 20 de setembro de 2019 procedeuse á firma da Acta de Comprobación de Reformulo, dando comezo o 21 de setembro de 2019 o prazo de execución das obras.

O 23 de setembro de 2022 cumpriuse o prazo contractual dos 36 meses, sen que a obras apenas avanzasen.

Vencidos xa oito meses de 2025  e despois de 6 anos contados desde a formalización do contrato, estas obras están ralentizadas e non  teñen data de finalización.

Variante exterior de Ourense

Debería ter falado o delegado dos antecedentes deste tan retrasado proxecto. Son estos:

O 9 de marzo de 2022, o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana adxudicou a unha UTE as obras do primeiro tramo do Variante Norte de Ourense, A-56 entre Eirasvedras e Quintela.  por un importe de 29,3 millóns de euros EUR (con IVE) e por un  prazo de execución  de 30 meses.

O 16 de setembro de 2022 a entón secretaria de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera nun acto oficial con tinguiduras claramente  partidarias colocou o fito conmemorativo do primeiro tramo do Variante Norte de Ourense, A-56 entre Eirasvedras e Quintela sobre a base de que as obras comezaran o 17 de xuño dese ano.

Xa se cumpriron tres anos e cinco meses desde a adxudicación polo MITMA do contrato e tres anos desde que se realizou o acto formal de inicio das obras. A realidade é que as obras avanzan cansinamente e non comenzaron os traballos nos viaduros singulares, e ademáis descoñecemos a data na que concluirán as obras desta estrada de tan so 1,7 qm.

En definitiva, o goberno socialista que dirixe Pedro Sánchez acredita o seu desinterese en impulsar este primeiro tramo, a pesar da importancia que ten para a cidade de Ourense, posto que unha vez executada a Variante, solucionaría os problemas dá alta intensidade de tráfico que existen e posibilitaría o proxecto municipal de conversión do tramo liberado da  N-120 nun boulevard termal, tan ansiado polos ourensáns.

Sobre estos retrasos fixo unha pregunta nesta rolda de prensa o periodista da "Voz de Galicia"  Miguél Ascón. Hoxe o recolle deste xeito: El 16 de septiembre del 2022 la entonces secretaria de Estado de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, presidió un acto en Ourense para escenificar el inicio de las obras de la variante norte entre Eirasvedras y Quintela de Canedo. 
Acaban, por lo tanto, de cumplirse tres años y los trabajos no han terminado aún pese a que tenían un plazo de ejecución de treinta meses. El retraso se debe, según explicó este miércoles el delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, a problemas «xeotécnicos, que inicialmente non se contaba con el” Una de las que puso como ejemplo es la variante norte y, en respuesta a las preguntas de los periodistas, explicó que «cando se fan obras deste tipo, hai ás veces inconvenientes». Eso, según dijo es lo que ha ocurrido con el tramo entre Eirasvedras y Quintela, donde fue necesario realizar un «replantexamento fundamentalmente xeotécnico, que inicialmente non se contaba con el”

Estación de alta velocidade de Ourense

Debería ter falado o degado dos antecedentes deste retrasado proxecto. Son estos:

Dezaseis meses despois do inicio formal das obras (segundo o Goberno o 17 de maio de 2024), as obras avanzan lentamente, Nos primeiros doce meses só se certificaron obras por importe de 1,395 millóns de euros (IVE incluído). En consecuencia, tendo en conta que o importe total do contrato é de 111,75 millóns de euros (IVE incluído), a suma certificada ata o 13 de maio de 2025 foi tan só do 1,25 %.

Non debemos esquecer nunca que, con catro anos de atraso, ADIF-Alta Velocidade adxudicou as obras de ampliación e remodelación da nova estación intermodal de Ourense., a pesar de que o executivo de Pedro Sánchez comprometeu oficialmente que licitarían as obras no mes de xullo de 2019. Iso non ocorreu e foron ano tras ano incumprindo. 

Xa no seu día manifestamos e agora reiteramos a nosa preocupación polo elevado prazo de duración deste contrato, 73 meses (6 anos e un mes), de modo que no mellor dos casos levará a finalización das obras a un afastado xuño de 2030.

É inxustificable que teñamos que esperar nove anos para ver terminadas en 2030 estas tan necesarias obras da estación de Ourense. E seguen sen atenderse as reiteradas e xustas demandas de taxistas e viaxeios da instalación por ADIF na praza da Estación Intermodal de Ourense una marquesiña povisional que lles protexa das inclemencias meteorolóxicas.

E farei algúns comentarios sobre algúns dos proxectos de infraestruturas non mencionados polo delegado do Goberno:

Autovía A-76

Esta autovía está totalmente marxinada despois de sete anos de Goberno de Pero Sánchez. Finalizados oito meses de 2025 segue sen licitar o primeiro tramo da A-76 entre Villamartín da Abadía e Requejo. Lembranos que o Goberno de Sánchez incumpriu flagrantemente os compromisos de licitar estas obras, primeiro en 2023 e logo en 2024. E seguen adiados completamente os proxectos restantes: O Barco-A Veiga de Cascallá e Requejo-A Veiga de Cascallá.

Autovía Ourense-Lugo

O Goberno socialista deliberadamente atrasa e paraliza os tramos pendentes da autovía A-56, Ourense-Lugo. Segue sen aprobar de forma definitiva o proxecto de construción do tramo Quintela-A Casilla nin tampouco compromete a licitación de obras en 2025.

É inxustificable o abandono polo Ministerio de Transportes do tramo Cambeo-Sanmartiño, que leva 32 meses sen que o Ministerio de Transportes licite a redacción do proxecto de construción.

E finalmente asistimos a unha desidia monumental do MITMA xa que en 32 meses non quixo resolver o contrato de asistencia técnica coa empresa consultora redactora do proxecto do tramo Cambeo- Sanmartiño, desde que dixo que en xullo de 2022 procedera a iniciar a tramitación. 

Concluíndo: O Goberno de Pedro Sánchez decidiu non executar esta autovía , o que constitúe ademais unha afronta á nosa provincial.

Carris de adiantamento na N-120 entre  Os Peares e Ourense PPKK 548 al 564.

É inxustificable que o Ministerio de Transportes e Movilidade Sostible eluda compromer unha data certa de licitación das obras de “mellora da seguridade viaria na estrada N-120, coa implantación de 4,22 quilómetros de carrís adicionais entre os km 548,800 e 564,000, na provincia de Ourense

Lembrar o flagrante incumprimento do compromiso explicitado o 2 de marzo de 2023 polo secretario xeral de infraestruturas do Mitma, Xavier Flores, que rotundamente afirmara “que o obxectivo é poder licitar as obras correspondentes en 2023.”

Unha vez máis convén lembrar que o Mitma tardou desde novembro de 2017, 5 anos e dous meses en aprobar de forma provisional en xaneiro de 2023  o proxecto de trazado destes carrís tan esenciais para os usuarios da N-120, moi especialmente os que se moven entre Valdeorras, Monforte de Lemos e Ourense, xa que desde Os Peares e ata a capital provincial non poden adiantar o que supón incrementar a duración da viaxe entre 10 e 15 minutos.

Variante exterior de Ourense

Respecto das obras de plataforma contratadas por ADIF do tramo Taboadela-Túnel de Rante, dicir que non finalizarán – de cumprirse os prazos prorrogados- ata o 28 de xaneiro de 2026. E o seu custo incrementouse xa nun 13,73 % despois do modificado de 11,46 millóns de euros. 

E con relación as obras de plataforma contratadas por ADIF do tramo Túnel de Rante-Conexión Seixalbo, salientar que non finalizaron, superando o prazo prorrogado de 8 meses, que venceu 19 de outubro de 2024. E o seu custo incrementouse xa nun 11,36 % despois do modificado de 3,12 millóns de euros.

Os feitos acreditan que o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS) e Adif Alta Velocidade non queren  licitar aso obras dos tres tramos que están pendentes da Variante Exterior Ferroviaria de Ouurense, a saber: Conexión Seixalbo-Seixalbo (0,83 km); Seixalbo-Túnel de Montealegre (3,96 km) e Túnel de Montealegre-Estación de Ourense (3,63 km).

O Goberno socialista vénse negando a dar unha explicación convincente de cales son as razóns polas que estes proxectos xa redactados necesitan un “novo contrato” para “adaptalos á forte subida do prezo dos materiais e a aprobación da última normativa de obrigado cumprimento”

Adif-AV é un ente supertecnificado, con medios informáticos de primeira que proporciona a actualización de prezos en liña e que non é necesario licitar ningún novo contrato, Non busquen escusas nin nos traten como menores de idade ou como indocumentados.

Unha vez máis insisto en que é imprescindible construír os tres tramos pendentes da Variante Exterior, pois doutro xeito a LAV quedaría cun tramo de trazado sinuoso de 8 km e de vía única mixta, entrado na estación en curva. Ademáis, é fundamental para completar o trazado con dobre vía na totalidade da LAV e asegurar a súa fiabilidade, pois de non ser así calquera incidencia ou avaría nunha vía única supoñería o corte do acceso ferroviario entre Galicia e Madrid.”

E a maiores, lembro o recente informe da patronal das obras públicas, SEOPAN “Análises do Investimento Prioritario en Infraestruturas en España” no que se cualifica a Variante de Ourense como unha prioridade e que “O investimento total estimado por Adif para toda a infraestrutura é de 564 M€, que terá un beneficio social asociado de 1.111 M€ calculados a 30 anos”

Terminal ferroviaria de mercadorías de Ourense en el Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas

Despois de máis catro anos de demora, o Ministerio de Transportes e Movilidade Sostible segue sen cumprir a Proposición non de Lei do Congreso dos Deputados aprobada en Comisión o 10 de maio de 2021 que instaba o Goberno a encargar a redacción dun estudo de viabilidade económico-financeira dunha terminal ferroviaria de mercadorías de Ourense no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.

Pasos inferiores e superiores de mellora da permeabilidade da cidade de Ourense

Debería ter falado o delegado de que levamos agardando desde hai anos a licitación  por ADIF das obras de mellora da permeabilidade da cidade de Ourense na Rúa de Ramón Puga (punto quiométrico 244/881 da líña ferroviaria Zamora-A Coruña) e na Rúa de Tarascón  (p. k. 48/241 da liña Monforte-Vigo). A realidade é que non paran de buscar desculpas sen base para non facelo pese a que son demandas veciñais reiteradas e que hai un convenio asignado co Concello de Ourense.