Asisto esta mañá á inauguración da VI Feira do Agro da Limia, Alimagro, que se está a celebrar esta fin de semana no concello de Xinzo de Limia.
Alí, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte destacou a importancia da produción deste tubérculo na nosa comunidade, que conta cunha certificación de calidade propia, a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia
Esta IXP conta con 80 produtores e 13 almacenistas adheridos e ten unha superficie plantada que rolda as 600 hectáreas. No 2024 comercializáronse máis de 5,2 millóns de quilos de pataca de calidade diferenciada, que acadou un valor económico estimado de 3,1 millóns de euros.
A maiores, tén terá lugar
a Feira da Maquinaria coa participación de empresas do sector que presentarán
en parte ás principais marcas. Cómpre salientar que, este ano, desde a
Consellería do Medio Rural mobilizáronse uns 2,8 millóns de euros en axudas
para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo.
Onte mesmo tivo lugar o inicio da campaña de recollida de pataca na bisbarra da Limia, unha das zonas agrarias máis produtivas de Galicia, sendo un exemplo das oportunidades que xera a actividade agropecuaria para xerar riqueza e fixar poboación no rural.
Tamén onte tivo lugar a terceira Xornada Técnica da Pataca na que se prestou unha especial atención á sanidade vexetal, á eficiencia na fertilización e á calidade e cantidade de auga para o regadío.
Neste sentido, cómpre salientar que a Xunta destina este ano case 30 millóns de euros para reforzar a seguridade e a sanidade vexetal e animal, o que supón un incremento do 43% con respecto ao 2024. Estes fondos serven para a loita e control fronte pragas vexetais, así como diante de doenzas da cabana gandeira. Todas estas actividades enmárcanse dentro da programación da VI Feira Alimagro