O pasado venres ás 16.38 horas iniciouse o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18.16 rexistrouse outro na localidade ourensá de Beade, parroquia de As Regadas.
Os dous lumes uníronse nun só lume, que permanece activo e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 4.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia.
A Consellería do Medio Rural informa que este siniestro aínda estaba activo as 9:00 hora de hoxe e que mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 65 axentes, 105 brigadas, 68 motobombas, 4 pas, 2 unidade técnicas de apoio, 8 helicópteros e 12 avións.
Esta mañá iniciei un percorrido no concello de Melón para ver en primeiro lugar os danos causados neste Concello, principalmente en Quins e que se estenden ata a localidade de Covelo. Fixen estas fotos.
Logo entr no meu vehículo no concello de Carballeda de Avía, e así puiden ver os enormes danos en lugares como Vilar de Condes, Saa e Vilariño.
Na capital municipal estiven a falar co seu alcalde que me deu conta de como se orixinaron os incendios e dos medios que se destinaron á súa extinción.