![]() |
| 7 de agosto ás 15:47: 39 graos |
Hoxe, mediante unha nota de prensa o Grupo Municipal Popular de Ourense "denuncia o abandono do Goberno de
España a quen traballa e se move cada día na estación intermodal de Ourense.
Un abandono que se fai especialmente evidente no caso dos taxistas, que, a
pesar de prestar un servizo público esencial, seguen sendo ignorados pola
administración que ten a responsabilidade directa sobre esta infraestrutura.
“Lamentamos que os taxistas sigan soportando
temperaturas de preto de cincuenta graos no verán e a choiva no inverno por deixadez
do Goberno Central”, manifesta a edil popular Noelia Pérez, subliñando
que esta situación é absolutamente inxusta para os profesionais que cada día
ofrecen un servizo indispensable na nosa cidade.
A
realidade é preocupante: os taxis estacionan á intemperie, sen marquesiña e sen
unha zona cuberta. “Os taxistas non
piden ningún luxo, piden algo tan básico como protexerse eles e protexer aos
viaxeiros”, denuncia a concelleira.
Dende
o Partido Popular entenden que esta situación é inadmisible e inxustificable,
máis aínda cando existiu a oportunidade de poñerlle solución. “É escandaloso o desinterese e a falta de
empatía co colectivo do taxi, porque a propia Xunta de Galicia ofreceuse, hai
máis de ano e medio, e a pesar de non ser a súa competencia, á colocación dunha
marquesiña provisional para dar unha solución rápida e razoable, e o Goberno de
Pedro Sánchez negouse”, lembra Noelia Pérez.
Neste
senso, a portavoz do Grupo Municipal, Ana Méndez, engade que “tamén dende hai
moitos anos o Partido Popular é pioneiro nesta reclamación da marquesiña dende
o Congreso, pois os deputados ourensáns, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa
Quintana, xa demandaron en Madrid unha solución en reiteradas ocasións, a
primeira vez o 17 de maio de 2022 e a última vez que o fixeron foi o 15 de
abril de 2025”. A voceira lamenta que “a resposta do Goberno foi sempre a mesma: evasivas, dilacións
e desprezo absoluto cara un colectivo que presta un servizo público esencial e
cara os usuarios que a diario utilizan o taxi como medio de transporte en
Ourense”.
“Unha
marquesiña non require grandes investimentos, pero si require vontade política.
E hoxe, o Goberno de Pedro Sánchez
segue demostrando que non está nin cos traballadores, nin cos veciños de
Ourense”, asegura Ana Méndez.
En
definitiva, para os populares, esta actitude do Goberno Central evidencia un desleixo institucional absoluto, xa
que nin actúan eles, nin deixan actuar
a quen está disposto a colaborar. Por iso, apremian ao Subdelegado do Goberno de Ourense a que deixe de poñerse de
perfil e actúe, asumindo a responsabilidade que lle corresponde como
representante do Goberno de España na provincia. “Esiximos ao Subdelegado do Goberno en Ourense que pense nas condicións
que están a traballar estes profesionais, que tome as rendas dunha vez, e que
reclame ao Ministerio unha solución inmediata, porque está claro que as obras
da estación van para longo e non se pode manter por máis tempo a traballadores
e usuarios á intemperie”, indica Noelia Pérez".
