Visito esta mañá dous concellos seriamente afectados polos incendios forestáis, Oimbra e Momterrei.
O martes 12 iniciouse no concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, un incendio forestal que se uniu con outro rexistrado o pasado venres 15 ás 17.22 horas na localidade ourensá de Xinzo de Limia, Gudín. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie estimada de 17.000 hectáreas, ademais de nas localidades de Oímbra e Xinzo de Limia, nas de Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 18 técnicos, 138 axentes, 180 brigadas, 113 motobombas, 4 pas, 7 unidades técnicas de apoio, 18 helicópteros e 33 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Os danos en Monterrei son impresionantes ao medio ambiente, aos animáis, aos cultivos e as propiedades nobles e inmobles dos vecinos das aldeas. Especialmente graves son os danos causados na aldea de A Caridade, onde o lume derribos casas, matou gando, queimou maquinaria, enseres, vehículos, etc.
Fixen estas fotos e videos: