lunes, 18 de agosto de 2025

Vendo os tremendos incendios que asolan a comarca de Valdeorras

 


No concello lucense de Quiroga

Continúa hoxe luns 18 de agosto decretada a Situación 2 en toda a provincia de Ourense, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia. Amplíase tamén o horario laboral do persoal e axilízanse os trámites coas diferentes administracións, especialmente coa Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Viaxei esta mañá desde Ourense a comarca de Valdeorras pola estrada nacional 120 coa finalidade de ver o estado dos incendios artivos en curso, os estabilizados e os controlados. Ata o concello lucense de Quiroga a situación era de normalidade pero a altura de Soldón e de Bendilló había un importante incendio activo que intentaba ser controlado polos moitos medios que eran coordinados desde un posto de mando sito nunha explanada ao pe da N-120


En Larouco-Seadur

Estiven neste concello tanto na capitalidade como na parroquia de Seadur. E puiden ver o incendio que desde as 18.55 do mércores 13 está activo e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 15.000 hectáreas en territorio galego, no propio concello de Larouco e nos de Petín, Quiroga, A Rúa, Vilarmartín de Valdeorras, Rubiá e O Barco de Valdeorras. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 27 técnicos, 84 axentes, 110 brigadas, 94 motobombas, 10 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 9 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Seadur

Seadur

Seadur

Seadur

Seadur

Seadur

Larouco


En Freixedo- Petín

Na Rúa de Valdeorras




No Barco de Valdeorras