lunes, 2 de junio de 2025

Demandamos a comparecencia do Ministro do Interior ante a Comisión de Interior coa finalidade de que informe e dea explicacións sobre a crecente inseguridade que se está a vivir nos barrios da Ponte, O Pino e O Vinteún,

Os deputados ourensáns do Grupo Parlamentario Popular no Congreso rexistramos o pasado xoves  a comparecencia do Ministro do Interior ante a Comisión de Interior coa finalidade de que informe  urxentemente da crecente inseguridade que se vive nos barrios de A Ponte, O Pino e O Vinteún na cidade de Ourense e que os veciños afectados veñen reiteradamente denunciando e esixindo medidas ante os sucesivos episodios de furtos, roubos, usurpacións, etc. que sofren cada día, convertendo esta zona nun punto negro de conflitividade na cidade.

Esta situación de inseguridade está a causar malestar nos veciños que senten abandonados polas administracións e que saen ás rúas con medo polos altos niveis de delincuencia na zona.

Será a miña compañeira deputada Ana Vázquez, a que como voceira de interior no Congreso leve esta comparecencia cando teña lugar.