Esta xornada ten a súa orixe nos feitos ocorridos en 1969 no barrio neoiorquino de Stonewall, que marcaron un antes e un despois na reivindicación dos dereitos civís do colectivo LGTBI.
Desde entón, esta data consolidouse como unha oportunidade para reflexionar, recoñecer os avances logrados e seguir construíndo unha sociedade onde a dignidade, a liberdade e a igualdadeplena sexa unha realidade para todos.
Neste 2025, desde a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), reiterouse o firme compromiso cos valores democráticos de igualdade, respecto, liberdade e dignidade.
Con tal motivo asistin onte con outros representantes do PP de Ourense lectura por parte da Conselleira de Cultura ao manifesto de celebración do Día do orgullo aprobado pola Federación Española de Municipios e Provincias nun acto no que participaron representantes de diferentes grupos municipais, que se desenvolveu no Parque de San Lázaro, onde se atopa un dos bancos pintados coas cores arco iris.