lunes, 16 de junio de 2025

Participando no proceso de votación ao candidato a presidir o PP nacional, Alberto Núñez Feijóo


Participo hoxe no proceso de votación ao candidato a presidir o PP nacional.  un proceso que celébrase na provincia de Ourense nos 12 puntos habilitados noutras tantas comarcas. No conxunto de España están habilitadas para esta elección un total de case mil sesdes. En Galicia 53 locais de votación.

Neste mesmo día o presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, lanzou hoxe unha mensaxe de esperanza para recobrar a convivencia en España e demostrar que tamén desde Ourense o PP “é unha alternativa sólida e fiable”. 

Luis Menor fixo esta afirmación na sede provincial, onde acudiu para participar no proceso de votación ao candidato a presidir o PP nacional, estando acompañado pola representante dos populares da cidade, Ana Méndez.

 

No congreso do mes de xullo os populares de toda España elixirán de novo a Alberto Núñez Feijóo “como o noso líder”, “pero sobre todo como esa esperanza que España necesita nun momento tan complexo como este”, por culpa do Goberno de Sánchez e a degradación política e ética.

 

Para Luis Menor, a reválida de Feijóo á fronte do PP nacional suporá unha nova oportunidade para que poida demostrar ante a cidadanía a súa “experimentada capacidade de xestión, como fixo en Galicia durante trece anos de goberno”.

 

Este é un día importante para o Partido Popular, afirmou, pois máis aló dun acto de organización interna do PP estanse dando novos pasos para que, con Feijóo, “recobremos o sentido de país e centremos a atención nos problemas dos cidadáns”.