Hoxe desde o PP de Ourense difundimos esta nota de prensa:
O
Goberno Central non contesta con “claridade e contundencia” ás preguntas dos
populares ourensáns sobre o desmantelamento de cuarteis no rural, especialmente
na Baixa Limia
Os deputados do PP de Ourense no Congreso afean o “silencio submiso” do Goberno de Sánchez, que mantén unha “cruzada contra o rural” desmantelando os cuarteis da Garda Civil
· Os populares Ana Vázquez, Rosa Quintana e Celso Delgado critican o “desprezo” aos territorios do interior por parte do Goberno central e alertan de que o desmantelamento de cuarteis “xerará unha cadea de perdas doutros servizos básicos”
· “O señor Sánchez non debe saber que no rural tamén hai delitos o resto da semana, é o colmo do absurdo é non poder facer denuncias presencias segundo o día que sexa”, denuncia Ana Vázquez
19, maio, 2025. O Partido Popular
denuncia a “inconsciencia” do Goberno de Pedro Sánchez que trata aos cidadáns
do rural como “cidadáns de segunda”, nunha “cruzada contra o Interior” que
busca desmantelar os cuarteis da Garda Civil, un servizo esencial para a
seguridade da veciñanza. Os deputados populares pola provincia de Ourense Ana
Vázquez, Rosa Quintana e Celso Delgado critican o “silencio submiso” e a “falta
de claridade e contundencia” do Goberno central ante as preguntas realizadas
polos deputados sobre a situación de mal estado do Cuartel da Garda Civil de
Bande e sobre a reestruturación dos centros de Bande, Lobios e Lobeira.
“O Goberno de Sánchez despreza o rural e desfaise de servizos básicos para a
seguridade cidadá, un dereito social básico”, advirte Ana Vázquez, que alerta
da “cadea de perdas doutros servizos” se o Goberno central non “frea
urxentemente” o desmantelamento de cuarteis.
Os
deputados populares afean ao Goberno central proceda a unha reestruturación de
cuarteis no rural. “Nin confirman nin desmenten que os cuarteis pechen ou
sufran cambios horarios, mentres sobre o terreo hai centros nos que se xa solo
se poden presentar denuncias presenciais algúns días”, avisa Vázquez. Neste
sentido, lembra que a vertebración do territorio “debería ser unha das
preocupacións dun Goberno que, pola contra, nin está nin se lle espera no
rural”.
“O
señor Sánchez non debe saber que no rural tamén hai delitos o resto da semana,
é o colmo do absurdo non poder facer denuncias presenciais segundo o día que
sexa”, denuncia a deputada popular.
Tamén
critica a “ignorancia” do Goberno central ante a realidade dos territorios
rurais, tachando de “surrealista e desconsiderada” a proposta de que a
seguridade cidadán nestas zonas “se fíe case unicamente a aplicacións
tecnolóxicas e a vías telemáticas coas que nin toda a poboación está
familiarizada nin toda a poboación ten acceso”.
Por
outra banda, critican a resposta do Goberno ante a pregunta sobre previsións de
obras de mellora do deficiente cuartel de Bande. “É incrible que non pensen
levar a cabo actuacións nun cuartel que pide a gritos un lavado de cara”,
sinalan os populares.
Apoio
na Comisión de Interior do Congreso
Os
deputados populares lembran que a Comisión de Interior do Congreso dos
Deputados deu esta pasada semana luz verde a unha Proposición non de Lei (PNL)
-impulsada polo Partido Popular-, que insta ao Goberno a garantir a seguridade
nas zonas rurais como un dereito social fundamental e a deter o plan de
reorganización da Garda Civil. Neste sento, a deputada Ana Vázquez cualifica de
“inaudito” que a pesar da presentación destas iniciativas populares, “o Goberno
de Sánchez cala, polo que entendemos que vai pechar os cuarteis da Baixa
Limia”.