jueves, 1 de mayo de 2025

Avanzan en Ourense as obras do Centro de Atención Integral a Persoas Maiores que construe a Fundación Amancio Ortega

 


A Fundación Amancio Ortega (FAO) é unha institución sen ánimo de lucro que comeza a súa actividade no ano 2001 froito da inquietude filantrópica do seu fundador e do seu desexo de contribuír á creación dunha sociedade mellor.

O 13 de setembro de 2019, esta Fundación asinou un convenio coa Xunta de Galicia para a posta en marcha de sete centros residenciais públicos -Centros de Atención Integral a Persoas Maiores- nas sete principais cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

A Fundación Amancio Ortega comprometíase a levar a cabo a construción dos sete inmobles e dotalos co seu equipamento completo, para a súa posterior integración na rede pública autonómica de atención a maiores. O investimento estimado pola FAO para o desenvolvemento deste proxecto é de 180 millóns de euros.

En total, os sete centros ofrecerían 900 prazas residenciais: 150 en Vigo e Coruña, e 120 en Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol. Estes centros contarían con servizos innovadores como unidades psicogeriátricas especializadas no tratamento do Alzhéimer e outras patoloxías similares.

O 31 de xaneiro de 2020 asistín ao acto de presentación á veciñanza de Ourense do futuro centro integral público de atención ás persoas maiores da cidade que se emprazará na parcela da vella estación de autobuses, que foi demolida.

Tras case cinco anos de burocracia, problemas e dificultades, comenzaron as obras.

Esta mañá tiven ocasión de achegarme ás obras, que estaban paradas por ser festivo, e xa vi notorios avances na súa estrutura que se constrúe a base de pezas preabricadas. Fixen estas fotos

Todo indica que este magnífico Centro de Atención Integral a Persoas Maiores, promovido e financiado altruistamente pola FAO estará rematado en 2026.