O pasado 20 de febreiro de 2025 estiven á beira da a estrada N-120 , para ver como evolucionaban as obras da A-56, Variante Norte de Ourense, entre Eirasvedras e Quintela.
Puiden entón constatar o avance do desterro, en relación co mes de decembro. Unha pa escavadora, cargaba terra en camións acompañada de moi poucos operarios. Non vi estrutura algunha das obras singulares do tramo en fase de cimentación ou de construción.
Hoxe 17 de abril, Xoves Santo,estiven no mesmo lugar vendo casí dous meses despois a evolución das obras. Ao ser festivo non se traballaba e o que vin é o que reflicten estas fotos.