miércoles, 5 de marzo de 2025

En febreiro baixa en Galicia o paro rexistrado un -0,28% e en Ourense medra un 0,15 %

 




Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu onte os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de febreiro de 2025.

Galicia

O mercado laboral galego acaba febreiro con 120.977 persoas, baixando o paro rexistrado en relación co mes anterior en -343 persoas, un -0.28 %. É a cifra máis baixa neste mes desde que hai serie histórica (1996). 

Na comparativa interanual, o paro baixou en 9.606 persoas, un -7,36 %. de persoas desempregadas. En canto a citada comparativa interanual e aos colectivos prioritarios, subliñar a redución do -7,35% na cifra de mulleres desempregadas e do -4,17% na de persoas paradas menores de 30 anos, que é de 14.057 e ademais ambas son as máis baixas nun mes de febreiro desde que hai rexistros (desde 2005).

Ademais, en relación a hai un ano, o paro cae nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores económicos, liderando a caída o sector primario  (-12,86%), seguido da construción (-11,88%), da industria (-11,22%) e, por último, dos servizos (-6,78%).

Ourense 

Medra o paro rexistrado en febreiro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 22 persoas, un  0,15 %.

O número de parados queda en 14.411 deles 6.159 son homes e 8.252 mulleres, 13.773 son maiores de 25 anos e 638 menores.

Por sectores, 684 son da agricultura, 1.475 da industria, 910 da construción, 9.863 dos servizos e 1.479 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado,  persoas sairon en Ourense 951 persoas das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 6,19%.