O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte no casa de Galicia de Madrid a contribución da Universidade de Santiago para facer de Galicia un referente na investigación e transferencia de coñecemento e lembrou que se trata dunha institución histórica que é un emblema da identidade galega e embaixadora do que significa Galicia calidade por todo o mundo.
Un acto ao que asistin dada mi condición de ex alumno da USC.
Durante unha reunión coa asociación Alumni USC -que aglutina a persoas que estudaron neste campus-, Rueda asegurou que esta entidade académica -que oferta 180 títulos de grao, máster e doutorado e que conta con máis de 25.000 matriculados- é un exemplo do talento que hai na universidade galega na que se aposta pola excelencia, o progreso, a equidade e a igualdade de oportunidades.
O presidente fixo fincapé na aposta da Xunta por consolidar ás universidades galegas como centros de primeiro nivel e facilitar o acceso á formación superior ao conxunto da cidadanía. Nesta liña, lembrou que Galicia foi pioneira este curso ao implantar a gratuidade de matrícula, logo de 14 anos coas taxas conxeladas e os prezos máis baixos do conxunto das comunidades autónomas.
Ademais, Rueda fixo fincapé no Plan de financiación acordado coas tres universidades galegas -dotado de 3.200 millóns de euros ata 2026 e que lles permite facer unha planificación máis a longo prazo das súas actividades- así coma o compromiso de destinar, ao longo desta lexislatura, o 1% do PIB galego ás universidades.
Atraer talento
Rueda, que asegurou que a USC é un referente no eido do I+D+i e á hora de transferir os resultados da investigación á sociedade, lembrou a aposta que está a realizar a Xunta para atraer talento á comunidade. Hai poucas semanas aprobouse a creación da Fundación Galtia coa que se busca incorporar a 30 investigadores de máximo prestixio a nivel mundial a centros galegos e que contará cun orzamento inicial de 35 millóns de euros. E ademais porase en marcha o programa Retorna Talento I+D+i que busca favorecer o retorno de investigadores galegos do exterior para que desenvolvan a súa carreira científica en Galicia.
Alumni USC
Rueda agradeceu a Asociación de antigos alumnos e alumnas, amigos e amigas da Universidade de Santiago (Alumni USC) o seu traballo á hora de difundir e promover o nome da entidade académica e exercer como embaixadores dela fóra das fronteiras da comunidade.