viernes, 7 de marzo de 2025

O PP de Ourense conmemorou hoxe o Día Internacional da Muller enxalzando a figura das alcaldesas, cunha homenaxe á que foi a primeira rexedora na provincia en período democráticop



O Partido Popular de Ourense conmemorou hoxe o Día Internacional da Muller enxalzando a figura das alcaldesas, cunha homenaxe á que foi a primeira rexedora na provincia en período democrático: María Pilar Otilia López, que ostentou o bastón de mando en Ramirás desde 1975 ata 2015.
 
A homenaxeada, que recolleu un obsequio conmemorativo de mans do presidente provincial, LuisMenor, amosou a súa emoción por este recoñecemento, mencionando o seu agradecemento a todas as persoas que “fixeron que Ramirás medrara,concello que me segue gustando e do que sigo presumindo”. Do mesmo xeito, lembrou especialmente ás mulleres que seguen mellorando a vida da veciñanza.
 
María Pilar Otilia López lembrou anécdotas coma unha das primeiras obras que se propuxo para o seu municipio -e conseguiu-, que foi cuartel da Garda Civil. Tamén falou dos seus primeiros plenos, nos que asegurou que “pensei que eu alí facía o tonto”, arrincando os sorrisos dos asistentes.

No acto, organizado pola Vicesecretaría de Igualdade, que preside Elena Freijedo, proxectouse un vídeo no que, ademais da homenaxeada, participaron entre outros José Antonio Pérez Cortésactual alcalde de Quintela de Leirado, e Manuel Monteroex alcalde de Cenlle. Ambos coincidiron nos seus mandatos con Pilar Otilia, destacando a profesionalidade darexedora, así como as “grandes dificultades” que superou na súa época, cando todo estaba por facer. Incidiron tamén no papel de “mestras” das alcaldesas daquel tempo, que loitaron por crear escolas no rural.
 
Tamén participou no vídeo Melisa Macía, a alcaldesa máis nova da provincia, que fixo referencia ao momento no que accedeu ao cargo, lembrando as “dificultades” que atopou como “unha rapaza de 27 anos que chega á política”. 
 
secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, puxo en valor a Pilar por “abrir unha porta hai xa 50 anos”, sendo “unha referente á que seguir admirando”. “Queremos ter moitas Pilares, porque cando unha muller lidera o seu concello, iso nótase”, engadiu Paula Prado.
 
Pola súa banda, a secretaria xeral do PP de Ourense, Sandra Quintas, reivindicou á homenaxeada comunha muller pioneira, valente e de partido”. 
 
O encargado de pechar o acto conmemorativo e de homenaxe foi o presidente provincial, Luis Menor, quen enxalzou ás mulleres que integran o Partido Popular de Ourense: “sodes o mellor exemplo de igualdade e de feminismo, do ‘feminismo real e non de cotas”.
 
Menor sinalou a Pilar Otilia “como un dos espellos nos que nos miramos todos os alcaldes, porque foi un exemplo de dedicación, traballo e dese feminismo real”.
 
O presidente provincial quixo lembrar que a nivel orgánico, PPdeOU conta con mulleres valentes, fortes e líderes”, recalcado a súa condición de referentes da igualdade que se demostra día a día empregando as ferramentas que teñen á súa disposición para cambiar as cousas e axudar aos seus veciños e veciñas.

Ourense, a provincia galega con máis mulleres do PP no bastón de mando
 
A provincia de Ourense é a provincia galega con máis alcaldesas. En concreto, as ourensás representan case a metade do total de mulleres do PP en Galicia que ostentan o bastón de mando en municipios galegosAs 13 rexedoras populares de Ourense sonSandraQuintas, en BandePatricia Torres, en BoborásTeresa Barge, en A BolaMaría del Carmen Gonzálezen Carballeda de ValdeorrasRebeca Sotelo, en CenllePura Rodríguez, en GomesendePatricia Lamelaen Larouco; María del Carmen Yáñezen LobiosAna Villarino, en Oímbra; Susana Vázquez, en PorqueiraEva Barrio, en RiósMarta Nóvoaen San Cibrao e Melisa Macía, en Vilariño de Conso.