O 26 de setembro de 2024 foi colocado no exterior da
estación de Ourense o cartel anunciador das obras do "Proxecto de construción da nova estación intermodal de Ourense e
pasarela peonil e do Proxecto de construción da Nova Estación Intermodal de
Ourense. Cubrimento da praia de vías. Estrutura e urbanización".
Foi 20 de febreiro de 2024
cando formalizouse entre ADIF Alta Velocidade e a UTE adxudicataria COPASA-SANJOSE-SYNEOX.
O 28 de maio de 2024 na
Comisión de Transportes e Movilidade Sostible a secretaria xeral de transportes
do ministerio, dixo que o 17 de maio de 2024 iniciáronse as obras de ampliación
e remodelación da nova estación intermodal. Máis ata finais de setembro non
apareceron signos externos de comezo das mesmas.
Hoxe domingo, puiden ver a situación das obras,
que avanzan con lentitude, e que se centran nas instalacións dedicadas a mercadorías, onde levantáronse as travesas e as vías. E neste momento están derrumbado unas edificacións.
No terreo adxacente á rúa Ramón Piñeiro non hai novedades en relación co
movemento de terras feito a finais de 2024.
Fixen estas fotos.
Mentres agardamos
a resposta do Goberno a estas dúas preguntas formuladas no Congreso en febreiro de 2025:
¿Dentro
del contrato de obras adjudicadas por Adif Alta Velocidad, del
"Proyecto de construcción de la nueva estación intermodal de Ourense e
pasarela peatonal y del Proyecto de construcción de la Nueva Estación
Intermodal de Ourense. Cubrimiento de la playa de vías. Estructura y
urbanización", cuál es la relación detallada de las obras realizadas por la
UTE adjudicataria en el año 2024?
¿Qué,
importe económico ha sido certificado hasta la fecha por la UTE adjudicataria
del citado contrato?"