Según o Informe do IGE procesando os datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións o número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de xaneiro do ano 2025 acadou a cifra de 1.067.089 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao pasado mes de decembro de 12.484 afiliacións (-1,16%).
Para o conxunto estatal, a cifra de
afiliacións sitúase en 21.095.814, rexistrando un descenso do 1,13% con
respecto ao pasado mes de decembro.
Na comparativa
interanual (xaneiro de 2025 con xaneiro de 2024) obsérvase un aumento de 16.559
afiliacións no total do sistema en Galicia (1,58%) e un aumento do 2,38%
(491.053 afiliacións) no conxunto estatal.
Por
comunidades autónomas e con respecto ao mes de decembro de 2024, rexístrase un
descenso das afiliacións en todas as comunidades autónomas, sendo Extremadura
(-1,91%) e Cantabria (-1,48%) as que experimentan o maior descenso.
En canto ás
taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior rexístranse taxas positivas en
todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en
Canarias (3,35%) e Illes Balears (3,18%).
Datos
de afiliacións por provincias
O número medio
de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano
pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a
maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,23%,
seguida de Ourense (1,33%), Pontevedra (1,05%) e Lugo (0,95%).
No que
respecta ás afiliacións medias deste mes de xaneiro con respecto ás do mes de
decembro, rexistrouse en Galicia un descenso do 1,16%. Pontevedra é a provincia
que presenta a maior baixada nas afiliacións cunha taxa de variación
intermensual do -1,37%, seguida de A Coruña (-1,12%), Lugo (-0,99%) e Ourense
(-0,78%).
Información
segundo o réxime de afiliación
As afiliacións
ao réxime xeral, que representan o 79,34% das afiliacións galegas en xaneiro de
2025, diminuíron un 1,27% con respecto ao mes anterior. Na comparativa
interanual obsérvase un aumento un 2,2%. En España estas taxas foron do -1,24%
con respecto a decembro de 2024 e do 2,62% en relación ao mes de xaneiro de
2024. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de
afiliacións ao réxime xeral (74,18%).
Nas
afiliacións ao réxime especial de autónomos, Lugo (-2,2%) e Ourense (-1,2%)
presentan unha taxa de variación interanual negativa, mentres que A Coruña
(0,13%) e Pontevedra (0,1%) presentan unha taxa de variación interanual
positiva. A media da comunidade galega sitúase entón no -0,38%. Para este
réxime e con respecto ao mes de decembro de 2024 baixan as afiliacións en todas
as provincias: Lugo (-0,68%), Pontevedra (-0,58%), A Coruña (-0,48%) e Ourense
(-0,36%). O conxunto de Galicia presenta unha taxa intermensual do -0,53%. As
taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 1,25% e
unha baixada intermensual do 0,53%.
No que
respecta ao réxime especial do mar, con respecto a xaneiro de 2024, todas as
provincias presentan unha taxa de variación interanual negativa: Pontevedra
(-5,48%), A Coruña (-3,99%) e Lugo (-2,45%). A taxa galega acada entón o
-4,85%. Con respecto a decembro de 2024, baixan as afiliacións en A Coruña
(-5,51%) e Pontevedra (-2,28%) mentres que soben en Lugo (0,3%). A taxa galega
é do -2,99%. As taxas nacionais indican unha baixada interanual do 1,51% e unha
baixada intermensual do 2,81%.