martes, 4 de febrero de 2025

Galicia termina xaneiro con 121.320 persoas paradas, a cifra de paro máis baixa desde que hai rexistros

 


O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro de 2025.

Galicia

O mercado laboral galego acaba xaneiro con 121.320 persoas, medrando o paro rexistrado en relación co mes anterior en 2.482 persoas, un 2,09 %. É a cifra máis baixa nun mes de xaneiro desde que hai rexistros (1996)

Na comparativa interanual, o paro baixou en 9.781 persoas, un -7,46 %. de persoas desempregadas. Neta comparativa  o desemprego cae nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración. 

Así, a cifra de desempregados con menos de 30 anos (13.909) é a de mulleres (70.083) son as máis baixas nun xaneiro de toda a serie histórica (desde 2005). Canto ao dato de parados de longa duración (59.604), cae un -7,04 % con respecto a hai un ano, mellorando o dato de novembro de 2008. 

Ourense 

Medra o paro rexistrado en xaneiro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 147 persoas, un 1,03% %.

O número de parados queda en 14.389 deles 6.180 son homes e 8.209 mulleres, 13.773 son maiores de 25 anos e 616 menores.

Por sectores, 693 son da agricultura, 1.474 da industria, 921 da construción, 9.842 dos servizos e 1.459 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 998 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 6,49%.