O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de decembro de 2024.
Galicia
O
mercado laboral galego acaba decembro con 118.838 persoas, baixando o paro rexistrado en relación
co mes anterior en 2.904 persoas, un -2,39 %. É a
Na comparativa interanual, o paro baixou en 10.666 persoas, un -8,24 %. estede persoas desempregadas sitúanos como a terceira Comunidade con maior porcentaxe de caída no último ano.
En relación coa comparativa interanual, o desemprego cae nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a agricultura (-14,07%) seguida da construción (-12,63%).
Tamén se reduce o paro nos colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración. Así, a cifra de desempregados con menos de 30 anos (13.101) é a máis baixa nun decembro desde que hai rexistros e a de mulleres desempregadas (68.160), a máis baixa de toda a serie histórica (desde 2005). Canto ao dato de parados de longa duración (59.725), cae un -7,80% con respecto a hai un ano, mellorando o dato de decembro de 2008.
Ourense
Baixa o
paro rexistrado en decembro na provincia de Ourense en relación co mes anterior
en 699 persoas, un – 4,68 %. É o segundo
maior descenso entre as provincias españolas, superando ampliamente la
media estatal (-0,98%) e a de Galicia (-2,39%).
O número de parados queda en 14.242 deles 6.167 son homes e 8.075 mulleres, 13.626 son maiores de 25 anos e 616 menores.
Por sectores, 709 son da agricultura, 1.481 da industria, 886 da construción, 9.701 dos servizos e 1.465 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 778 persoas
sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do
– 5,18 %.
Fonte : SEPE-Xunta