Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao
cuarto trimestre de 2024.
Estos son os principais datos estatais:
O número de ocupados aumentou en 34.800 persoas
respecto ao trimestre anterior e situouse en 21.857.900. En termos desestacionalizados a taxa de
variación trimestral foi do 0,83%. O emprego creceu en 468.100 persoas nos 12 últimos meses.
O paro baixou en 158.600 persoas, ata 2.595.500. En termos desestacionalizados descendeu un 3,63%. Nos 12 últimos meses reduciuse en 265.300 persoas.
A taxa de paro foi do 10,61% este trimestre, 59 centésimas menos que no anterior.
O número de activos diminuíu en 123.800, ata
24.453.300. No último ano aumentou en 202.800 persoas.
Poboación activa
No cuarto trimestre de 2024 a poboación galega de 16 ou máis
anos situouse en 2.378.500 persoas, das cales 1.262.700 clasifícanse como
activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,1%. Con respecto ao trimestre
anterior, o número de activos e de activas diminúe en 9.200 persoas e a taxa de
actividade diminúe 0,5 puntos respecto ao terceiro trimestre de 2024.
Con
respecto ao mesmo trimestre de 2023, o número de persoas activas aumenta en
11.900 persoas e a taxa de actividade aumenta 0,2 puntos.
Por
sexo, a taxa de actividade masculina diminúe 1 punto respecto á cifra rexistrada
hai 3 meses, situándose no 56,7%. A taxa de actividade feminina, pola súa
banda, rexistra tamén unha variación negativa, cifrada neste caso en 0,1
puntos, ata situarse no 49,7%.
Poboación ocupada
A ocupación diminúe en 6.100 persoas no cuarto trimestre de 2024
respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.153.300 persoas ocupadas.
A taxa de ocupación tamén diminúe con respecto ao trimestre pasado e sitúase no
48,5%.
Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas
aumentou en 17.400 persoas, o que supón un incremento do 1,5% en termos
relativos.
Por sexo, neste trimestre diminúe a
ocupación masculina en 2.400 persoas respecto ao terceiro trimestre do ano
2024; a ocupación das mulleres tamén rexistrou un descenso, neste caso de 3.800
persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación
masculina de 0,3 puntos e de 0,4 puntos da taxa feminina.
Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2023, o número de homes
ocupados aumenta en 6.400 persoas (un 1,1%) e o de mulleres ocupadas en 10.900
(un 2%).
Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre diminuíu no sector primario, na construción e na industria e aumentou no sector servizos. No sector primario a diminución da poboación ocupada cifrouse en 5.300 traballadores e traballadoras menos que hai tres meses; na construción en 800 e na industria en 1.100. No sector servizos o incremento foi de 900 persoas.
Poboación
asalariada
En Galicia había 948.200 persoas asalariadas no cuarto trimestre
de 2024, 797.400 con contrato indefinido e os 150.800 restantes con contrato
temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 13.200 asalariados e
asalariadas máis con contrato indefinido. O número de persoas suxeitas a un
contrato temporal diminúe en 13.800 efectivos (o que supón, en termos
relativos, un descenso do 8,4% con respecto ao terceiro trimestre de 2024). No
que respecta á variación interanual, a cifra de persoas con contrato indefinido
aumentou un 3,7%, e as persoas con contrato temporal diminuíron, pola contra,
un 0,5%.
A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas
con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no
15,9%.
Con respecto ao mesmo trimestre de 2023,
a ocupación diminuíu no sector primario un 6,7%. Na industria, na construción e
no sector servizos a ocupación aumentou con respesto ao mesmo trimestre de
2023: na industria un 9,1%, na construción un 6,7% e nos servizos un 0,2%.
Poboación
parada
No cuarto trimestre de 2024 en Galicia había 109.400 persoas en
paro, 3.100 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminuíu 0,1 puntos
e sitúase no 8,7%.
Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2023, o número de
parados e paradas diminúe en 5.500 persoas (un 4,8%) e a taxa de paro, a súa
vez, baixa 0,5 puntos en termos interanuais.
Por sexo, con respecto ao trimestre
anterior, diminúe o paro masculino mentres que aumenta o feminino: o número
total de homes parados sitúase en 48.700 persoas (7.200 menos que hai tres
meses) e o de mulleres é de 60.700 persoas (4.100 mulleres paradas máis). A
taxa de paro masculina sitúase no 7,6% e a feminina no 9,8%.
No tocante á variación interanual, o número de parados entre o
sexo masculino diminúe en 5.100 persoas (un 9,5% menos), e o volume de paradas
diminúe en 400 persoas (un 0,7% menos que hai un ano).
Fogares
No cuarto trimestre de 2024, o número de fogares nos que todos
os seus membros activos están en paro aumenta en 2.400 unidades e sitúase en 41.000
fogares. Respecto ao cuarto trimestre de 2023, esta tipoloxía de fogares
diminúe un 12%.
Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus
membros activos son ocupados diminúe en 1.100 unidades. O número de fogares
nesta situación é de 668.100. En relación co mesmo trimestre do ano anterior
hai 8.200 fogares máis nesta situación, o que supón un incremento do 1,2% en
termos relativos.
Poboación
xuvenil
Dos 335.100 mozos e mozas galegas de entre 16 e 29 anos, 135.800
(o 40,5%) están ocupados/as, 30.000 (o 9%) parados/as e os 169.400 (o 50,6%)
restantes son inactivos/as.
A taxa de ocupación deste colectivo
sitúase no 40,5% no cuarto trimestre de 2024. Con respecto ao trimestre
anterior diminúe 0,6 puntos e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2023
aumenta 1,2 puntos.
A taxa de paro xuvenil sitúase no 18,1% neste trimestre; diminúe
0,8 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co cuarto trimestre
de 2023, aumenta 1,6 puntos.