Nunha nota a Delegación do Goberno informou que neste tramo da A-57 o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible investiu 94 millóns de euros na construción de 7,7 km de vía, incluíndo obra, expropiacións e asistencias técnicas. A nova estrada entre Vilaboa e A Ermida está formada por un tramo de 5,7 quilómetros con sección de autovía (catro carrís, dous para cada sentido) e outro de 2 quilómetros con formato 2+1, que ten a función de ramal de conexión da A-57 coa remodelada ligazón de Figueirido (Vilaboa), onde conectan a AP-9, a N-550 e a N-554.
Esta remodelación da ligazón de Figueirido permitirá acceder a Redondela e Pontevedra, a través da N-550, conectar coa AP-9 en sentido Norte e a través da N-554 acceder á AP-9 na Ponte de Rande.
Tamén manifestaron que "o proxecto da autovía de Circunvalación de Pontevedra conta con outros dous tramos contiguos (Curro-Pilarteiros e Pilarteiros-A Ermida), que permitirán conformar un novo arco viario de 21 quilómetros, que servirá como alternativa sen peaxe e de gran capacidade á actual N-550, enlazando con varias vías como a AP-9, a N-550, a N-554 e a N-541".
2.4.2018 |
Tratábase do primeiro tramo de 6,5 quilómetros da futura autovía A-57, que xunto cos tramos contiguos, Curro-Pilarteiros e Pilarteiros-A Ermida, debería constituír a circunvalación polo leste da cidade de Pontevedra, un novo arco viario de 21 quilómetros que serviría como alternativa de gran capacidade e libre de peaxe á actual estrada N-550.
O orzamento das obras do tramo A Ermida – Vilaboa, naquela data ascendía a 59,46 millóns de euros, cantidade que, sumada ao custo de redacción do proxecto, ao importe estimado das expropiacións e ao contrato de servizos para o control e vixilancia da actuación, lanzaba un investimento total de 74,74 millóns de euros.