Este sábado están a ter lugar en numerosas capitais do mundo manifestacións multitudinarias para esixir democracia en Venezuela así como o recoñecemento de Edmundo González Urrutia como presidente electo.
Trátase dunha protesta global que atende ao chamamento da principal líder da oposición, María Corina Machado, para presionar ao Executivo de Nicolás Maduro, que segue ancorado en Miraflores a pesar das numerosas acusacións de fraude electoral.
Está tarde na Praza Maior de Ourenwe houbo unha concentración de venezolanos, que foron acompañados por cidadáns de Ourense e por representantes do Partido Popular, entre eles eu.