Sen dúbida, uns dos problemas máis importantes no mercado laboral galego é o de casar oferta con demanda para poder cubrir “os 15.000 postos de traballo que hai vacantes en Galicia. So moitos os sectores (hostelaría, metal, transporte, talleres, construcción, etc..) os que demandan man de obra e non atopan persoal axeitado.
Por
eso compre celebrar que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciara hoxe
que vaise reformar o uso de intelixencia artificial no Servizo Público de
Emprego para “poder facer o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas
nun ano” e mellorar as súas oportunidades e inserción laboral.
“Rueda lembrou que a Xunta está a levar
a cabo “a implantación progresiva de ferramentas con intelixencia artificial
para mellorar os servizos públicos”. A medida hoxe aprobada enmárcarse na
modernización que se está levando a cabo do Servizo Público de Emprego e
permite incorporar datos de calidade á ferramenta software EMi, dispoñible nas
54 oficinas de emprego de Galicia para casar oferta e demanda laboral en tempo
real mediante intelixencia artificial. “Somos a primeira comunidade en contar
cunha ferramenta” deste tipo, engadiu o conselleiro de Emprego, Comercio e
Emigración, José González.
Así, a Xunta busca avanzar na súa aposta
para detectar mellor as competencias que se deben traballar e “para facilitar
aos orientadores laborais a toma de decisións”, indicou Rueda, co fin de
aumentar a empregabilidade das persoas usuarias.
A iniciativa está dirixida ás persoas
demandantes de emprego que permanezan polo menos 30 días en situación de
desemprego. Tamén forman parte dela as que participan no programa de seguimento
intensivo da demanda de emprego, que no seu primeiro ano de funcionamento
facilitou a contratación de máis de 3.700 galegas e galegos.
Este programa de seguimento de emprego
permite centrar o traballo da EMi -ferramenta pioneira entre as comunidades
autónomas e mesmo a nivel europeo- nos demandantes efectivos de emprego que se
achegan ás oficinas. Neste sentido, no caso de que non se acepten as ofertas de
emprego axeitadas a través do perfilado competencial e, máis alá de causas
xustificadas, isto podería desembocar nun procedemento sancionador que
determine a suspensión da súa inscrición e a perda dos beneficios asociados.
Competencias ESCO
Estas persoas obxecto do perfilado
reciben unha cita de orientación na que se revisa a súa experiencia laboral e
se identifican as súas competencias con base na clasificación europea de
competencias (ESCO).
Deste xeito, por unha banda, a nivel
persoal, EMi combina as competencias de cada persoa demandante con datos
avanzados do mercado laboral da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e
permite tomar decisións con soporte estatístico sobre distintas cuestións.
Entre elas, tal e como explicou González, están “ocupacións alternativas
relacionadas coas súas competencias, necesidades de formación para incrementar
a empregabilidade da persoa usuaria, outras ocupacións emerxentes relacionadas
co seu perfil e empresas que están contratando nas ocupacións de interese na
localidade da persoa demandante”.
Por outra banda, en relación coa
Comunidade Autónoma, con esta aplicación poden coñecerse as competencias
dispoñibles en cada concello, comarca e provincia de Galicia e onde están
xurdindo as mellores oportunidades laborais de cada perfil. Ademais, con ela as
empresas poden localizar no Servizo Público de Emprego de Galicia entre as máis
de 13.000 competencias dispoñibles o talento que mellor se adapte ás súas
necesidades.
Tamén se pode prever o comportamento laboral
de cada comarca de Galicia e de cada ocupación referida aos 6 próximos meses.
Outra das vantaxes do programa neste eido é que facilita a programación de
accións formativas adaptadas ás necesidades competenciais de cada localidade,
xa que contribúe a detectar carencias neste ámbito.
Novos orientadores para aplicalo
Este labor realízano os máis de 400
orientadores do Servizo Público de Emprego de Galicia, entre os que se atopan
os 136 cos que o Goberno galego reforzou este servizo no 2023 e os que financia
nas entidades locais e sen ánimo de lucro. Este persoal e as persoas directoras
das oficinas de emprego reciben formación específica para identificar as
competencias e mellorar a motivación das persoas demandantes de emprego.
Entre outras accións realízanse
mentorizacións, programas específicos de coaching, así como microformacións
sobre perfilado de competencia e uso da ferramenta EMi. Ademais lévase a cabo
un seguimento da calidade dos perfís realizados co fin de mellorar o perfil
competencial.
Modernización do emprego para afrontar retos
O programa de perfilado competencial
forma parte do proceso de modernización do Servizo Público de Emprego de
Galicia, área á que a Xunta destina 8,5 millóns de euros para este ano. Deste
xeito, busca facer máis accesibles, próximos e dinámicos os servizos de emprego
aos traballadores e ao tecido empresarial galego para atender axilmente as súas
necesidades.
Dentro desta estratexia de modernización
tamén se inclúe a renovación das oficinas de emprego ás que a Xunta está a
dotar de novo equipamento e onde está a realizar obras e novas infraestruturas.
Outra das accións que forma parte dela é o reforzo do servizo de orientación
laboral e prospección empresarial, que posibilita o programa de perfilado
competencial. Tamén contribúe a casar a oferta e a demanda no eido laboral a
Axenda galega de capacidades para o emprego, que se articulou a través dun gran
pacto social e que aposta pola aprendizaxe permanente das persoas para avanzar
nas súas capacidades, pola competitividade das empresas e pola colaboración
público-privada.”