Ourense, dixo o líder provincial, vai demostrar o domingo, unha vez máis, “que prefire gobernos comprometidos coas súas xentes e non partidos que fuxen do veredicto das urnas”. A provincia necesita dun partido forte en Europa para que se sigan impulsando políticas de cohesión, “como as que nos permitiron desenvolver en todos estes anos proxectos europeos de gran interese”, remarcou Menor.
Pola sua parte o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, pechou
hoxe a campaña electoral facendo un chamamento ao voto para que Galicia sexa
oída en Europa e para que a nosa pesca, o noso agro e as nosas infraestruturas
sexan defendidas por eurodeputados que representen o traballo, a moderación e o
rigor que os galegos merecen e necesitan.
No
multitudinario mitin celebrado esta tarde na cidade da Coruña, o líder dos
populares galegos apelou á maioría absoluta acadada nas autonómicas asegurando
que as vitorias do partido radican na súa xente, nos votantes e na militancia.
Un gran equipo que nunca falla e ao que animou a ser partícipe dunha nova
vitoria nas eleccións ao Parlamento Europeo deste domingo.
Consciente
dos esforzos realizados nas sucesivas convocatorias electorais, Rueda pediu un
novo reiterando que pagará a pena porque o Partido Popular é sempre a mellor
resposta fronte aos incumprimentos, os partidismos e as desigualdades que
promoven outros partidos.
Este
domingo, concluíu, a resposta dos galegos é o seu voto. De aí a importancia de
que todos vaian votar. Xa que, do contrario, despois haberá moitas preguntas
probablemente tamén moitos arrepentimento. “Temos que responder nas urnas, con
contundencia e con democracia”, remarcou o presidente.