viernes, 24 de mayo de 2024

Eleccións 9X: inicio da campaña


O Partido Popular de Ourense deu inicio á campaña das eleccións ao Parlamento Europeo erixíndose como “a mellor resposta a todo o que afecta a Galicia en Europa” a apelando ao moito que a Comunidade se xoga nestes comicios.

Na tradicional pegada de carteis celebrada esta noite en Ourense, fixemos un chamamento a acudir “masivamente” ás urnas o próximo 9 de xuño e pediu o voto para “impulsar un reparto xusto dos fondos europeos, defender a plenitude do Estado de Dereito fronte aqueles que queren corrompelo, loitar por unhas políticas xustas para o rural e dar voz á nosa pesca e á nosa agricultura facendo fronte ao ecoloxismo de pancarta”.