Na nota de prensa gobernamental din que: “A decisión pretende ofrecer unha alternativa de transporte ferroviario competitiva (sobre todo co avión), fixando como obxectivo os seguintes tempos de viaxe
- Porto-Lisboa - 1h15
- Lisboa-Madrid - 3h00
A LAV ofrece unha alternativa ferroviaria competitiva aos voos diarios, con 40 voos entre Lisboa e Madrid e unha vintena entre O Porto e Lisboa.
Lisboa-Elvas
No seu impacto nacional, reducirá o tempo de viaxe Lisboa-Elvas a preto de 2h00 en 2025 e a preto de 1h00 en 2034, cando todo o roteiro estea operativa. A ligazón entre Évora e Elvas está actualmente en construción e prevese que entre en servizo en 2025. Quedan por construír a terceira travesía do Tejo en Lisboa (TTT) ata Poceirão e a ligazón entre Poceirão e Elvas.
A LAV terá plena complementariedade coa rede ferroviaria convencional e coa rede ferroviaria española próxima á nosa fronteira.
O calendario de investimentos compatibilizarase con España para garantir unha execución coordinada e oportuna do proxecto, optimizando ao máximo a dispoñibilidade de financiamento europeo.
Eficiencia enerxética
A decisión do Goberno de acelerar a construción da Ligazón Ferroviaria de Alta Velocidade Lisboa-Madrid baséase na necesidade de descarbonizar o transporte, pasar a modos de transporte máis eficientes desde o punto de vista enerxético, o desenvolvemento económico e a cohesión territorial e social.
Esta Ligazón de Alta Velocidade, que se axusta ao Programa Nacional de Investimentos 2030 e ao Plan de Traballo do Corredor Atlántico, dará tamén un impulso decisivo ao sector ferroviario en Portugal.
A decisión tamén contribúe a facer realidade o obxectivo fixado pola Comisión Europea na Estratexia de Movilidad Intelixente e Sostible de duplicar o tráfico de pasaxeiros por ferrocarril de alta velocidade, á vez que se aplica o Pacto Verde da UE e o Acordo de París sobre o cambio climático.”
VALORACIÓN
A decisión tomada polo novo Goberno luso, de anticipar á conexión ferroviaria en alta velocidade entre Lisboa e Madrid, no debe afectar á estratéxica conexión entre Lisboa-Porto-Vigo que foi aprobada con antelación e que afecta ao eixo económico de máis importancia de Portugal e a parte de España coa que ten máis relación, que é Galicia.
Quero salientar que o 28 de setembro de 2022 o entón Primeiro-Ministro de Portugal, António Costa, presentou o trazado e desenvolvemento da liña ferrroviaria de alta velocidade entre Porto e Lisboa.
Na nota de
prensa difundida polo goberno luso “Costa, afirmou que a LAV entre Porto e Lisboa é um procxecto que une o País
e que reforza a «nosa fachada atlántica», mellorando «a nosa proxección no
mundo».
António Costa dixo tamém que a comunicación entre Porto e Vigo «é o primeiro paso» para a integración de Portugal «na rede ibérica de Alta Velocidade».
Desde Galicia vamos a traballar para que a conexión ferroviaria entre Lisboa-Porto e Vigo avance cos necesarios investimentos e nos prazos previstos entre as dúas nacións irmáns.
http://www.celsodelgado.gal/2022/09/onte-o-primeiro-ministro-antonio-costa.html