“Ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, grazas por estar aquí representando ao Goberno de España
Ex presidente Rajoy,
Ex presidente e líder da oposición Alberto Núñez Feijóo,
Ex presidente Touriño,
Ex presidente Laxe,
Presidente de Asturias,
Presidente de Murcia,
Presidente de Aragón,
Presidente de Castela e León,
Presidente do Parlamento de Galicia,
Membros da Mesa do Parlamento de Galicia,
Delegado do Goberno,
Alcaldesa de Santiago de Compostela,
Xeneral Xefe do Mando de Apoio á Manobra,
Representantes das Forzas e Corpos de Seguridade,
Conselleiros do Goberno de Galicia,
Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e Fiscal Superior de Galicia,
Voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, voceiro do Partido Socialista de Galicia e voceiro do Grupo Mixto;
Ex-presidentes do Parlamento de Galicia;
Presidentes das entidades e órganos estatutarios;
Presidentes das Deputacións provinciais;
Reitores das universidades galegas,
Alcaldes e alcaldesas;
Cargos da Xunta de Galicia;
Representantes do resto das institucións;
Señor Presidente da Rexión Norte de Portugal;
Editores e directores dos medios de comunicación;
Amigos e amigas, en xeral,
Deixo ao mellor para o final, como podedes imaxinar, á miña familia. Grazas por acompañarme neste día tan especial. Xa digo que non podo nomear a todo o mundo pero agradezo sinceramente a presenza de todos os que estades aquí, ademais nun lugar como este. Agradezo a comprensión do presidente do Parlamento de Galicia, en entender que un acto que ten lugar na casa de todos os galegos, no Parlamento, teña esta coincidencia aquí, e máis nun día tan esplendoroso como o de hoxe. Síntoo polos que están a pasar un pouco de calor.
Non son unha persoa á que lle guste as citas históricas. Adoito evitalas nos meus discursos, pero hoxe vádesme e voume permitir a min mesmo facer unha excepción. A primeira é a seguinte.
“Acepto este compromiso recoñecendo en España unha soa nación, de realidade plural, formada por mulleres e homes que atopan na experiencia do seu pasado valioso, o alicerce para constituír unha sociedade máis próspera e humana”, dixo o presidente Albor.
“Asumo o compromiso de lealtade constitucional e estatutaria sobre o desenvolvemento unicamente autonomista e abertamente constitucional”, dixo o presidente González Laxe, aquí presente.
“A Constitución e o Estatuto ofrecen unhas regras de xogo que, perfectibles como son, deben ser a base común para conseguir novos logros, pero con lealdade ó esforzo de consenso”, dixo o presidente Fraga.
“A miña máxima satisfacción como presidente sería poder dicir no seu momento que estiven á altura do meu pobo”, dixo o presidente Touriño.
E o presidente Feijóo, ao cal todo o mundo pode entender que me une unha relación especialmente estreita, resumiu o que dixeron os anteriores presidentes de Galicia: “sei do agarimo, dedicación e esforzo que todos eles lle dedicaron ao traballo máis honroso ao que galego algún pode aspirar: Presidir a Xunta de Galicia”.
Creo que estas palabras que resumen aos que me antecederon no meu cargo, desde logo, fágoas miñas, e teñen máis vixencia que nunca, porque representan ben o que sinto e cales son, ao meu entender, presida quen presida a Xunta, os meus obxectivos fundamentais. E porque se por algo nos caracterizamos os galegos, é por respectar e aprender dos que fixeron os que nos precederon. Dalgún erro que puideron ter e dos moitos acertos que sen dúbida, tiveron.
Isto pretende tamén ser unha homenaxe aos galegos que estiveron antes que nós. A poucos metros permanecen eternos algúns dos máis grandes galegos que pisaron esta terra. Rosalía, Castelao, Brañas, Cabanillas, Asorey e Fontán son nomes propios que definen a historia e cultura de Galicia. Defínennos a todos nós.
Se estamos onde estamos hoxe é porque antes estiveron eles e fixeron todo o que nos legaron.
Eles ollaron máis lonxe, porque nos legaron o seu xenio e porque se puxeron ao servizo de Galicia. Fixeron de Galicia a súa causa principal.
Debémoslles moito. E este acto quere ser un agradecemento a todo o que fixeron.
Hoxe asumo o encargo que me fai o pobo galego a través do Parlamento, de ser o Presidente da Xunta. Asúmoo para aportar o meu modesto aporte a esta nobre causa que moitos iniciaron e que outros deben continuar.
Hai menos de dous anos emprendía esta mesma tarefa, acompañado de moitos dos que tamén estades hoxe aquí. Daquela, eu dicía, e o reafirmo hoxe, que non hai outra maneira de facelo que con toda con toda a humildade.
Coa humildade dun galego que ama a súa terra, que non é posible representar este cargo se non sentes ese amor.
Dun servidor público. Hai que ter vocación de servizo público para facer ben as cousas, para vir a traballar por todo o mundo.
Pero tamén da humildade, tan importante nun cargo como este, tamén son importante a responsabilidade e a ilusión. As ganas de facer as cousas e de facelas ben.
Coa responsabilidade de gobernar con todos e para todos. Sendo fiel á palabra dada, fundamental, sendo honesto e perseverante. Sempre honesto e sempre cara adiante.
E coa ilusión e con ganas. Hai que renovala e redobrala. Hai que subirse á ponte de mando, e volvo facelo. A ponte de mando da miña terra apoiado no piar máis firme que podería anhelar: o respaldo do meu pobo manifestado hai pouco tempo nas urnas.
Preséntome ante vós como son: con virtudes e defectos, quen non ten do segundo? Con acertos e con erros. Erros polos que pido perdón por anticipado.
Non atoparedes en min artificios ou disfraces. Tampouco pompa nin soberbia.
Eu son sobre todo, o pai de Beatriz e Marta. O fillo de José Antonio e Lola. O marido de Marta, e un galego de Pontevedra.
Un galego de Pontevedra, e un Galego coma todos vós.
Hai anos, todo isto que estamos vivindo hoxe non era máis que un soño. Unha ambición que algúns crían irrealista.
Daquela, falar dun futuro propio para Galicia sonaba utópico.
Nomear un presidente de Galicia semellaba nada máis que un anhelo, irrealizable. E décadas de autogoberno, do que hoxe gozamos non parecían máis que un soño.
Pero o mellor dos soños é que algúns, os mellores, poden facerse realidade-que mo digan a min-. E fixémolo, xuntos, todos os galegos e galegas.
Chegar ata aquí requiriu que moitos antes que nós o imaxinasen, o ideasen e o loitasen.
E non só iso. Ademais de imaxinalo e loitalo, había que ser bo e xeneroso para sentarse a falar, a dialogar, a estar por riba de calquera diferenza ideolóxica. O segredo é saber e ser consecuente de que sempre hai máis cousas, cando falamos de temas importantes, máis das que nos unen que das que nos separan.
Eu tamén creo nese diálogo, nese espírito de cordialidade e consenso.
Creo que a mellor forma de honrar ese legado que nos deixaron os grandes da nosa historia é buscando o que nos une, e na medida do posible, do que nos separa e non o que nos separa...
Porque é na concordia onde Galicia se recoñece especialmente.
Eu creo que nesta terra xa o demostramos incontables veces a través das adversidades, que afrontamos, superamos, e sempre o fixemos unidos.
Porque iso é o que somos.
Unha terra de veciños que se axudan.
De familias que se reúnen para xantar.
De vilas que manteñen as súas tradicións e recollen os trens do futuro.
De emigrantes que aínda na fin do mundo seguen soñando en galego.
Somos un pobo fraterno e unido. Un pobo maduro e sosegado, e así nos recoñecen, pero orgullosos de ser así.
Galicia é aberta e amable, pero tamén firme.
Por iso, Galicia pode ser, e será, o que queira ser. Somos a Galicia Calidade. A Galicia cada vez máis de moda. E os servidores públicos non o poden esquecer.
Por suposto, este non é un camiño que poidamos percorrer sós. Os galegos levamos séculos sendo testemuñas dunha das maiores peregrinacións do mundo, e sabemos mellor que ninguén que as travesías máis exitosas son aquelas que se fan acompañados.
Por iso, do mesmo xeito que antes tendía a man cara dentro das nosas fronteiras, tamén hai que tendela cara fóra.
Galicia aspira a todo, como dije. Pero siempre al lado del resto de las comunidades autónomas. Y agradezo la presencia de los presidentes de algunas comunidades autónomas. Todos formamos parte del mismo país. Trabajaremos defendiendo lo nuestro a espaldas de nadie. Nunca pasando por delante de nadie pero nunca permitiendo que nos quedemos atrás.
Galicia siempre se ha sentido cómoda en nuestro sistema de las autonomías, siempre ha creído que la buena marcha de unos no tiene que suponer el freno de otros y siempre hemos defendido en Galicia que, si nos impulsamos todos juntos, llegamos más lejos.
Aquí, siempre vais a encontrar un aliado inquebrantable de los que defienden esos mismos principios. Principios comunes que defenderemos sin pasar por delante de nadie. Pero los que quieren romperlos, nos tendrán siempre enfrente. Yo voy a defender e reivindicar frente a todos ellos lo que Galicia merece.
Defenderé y reivindicaré siempre que Galicia tenga lo que merece. No más que otros, no menos que nadie.
Defenderé y reivindicaré nuestra voz y nuestro modo de hacer las cosas. Nuestra política sin crispaciones. Nuestra estabilidad. Nuestra filosofía del sentidiño. En una palabra, cuántos conceptos se pueden evocar.
Tense falado estilos, pero eu veño aquí a defender o Estilo Galicia.
O dunha comunidade que prospera na moderación e fuxe dos extremismos.
O dunha comunidade que cre na estabilidade como valor político, social e económico, en todo o que supón e nas enormes vantaxes que supón.
O dunha comunidade que ten progresado tanto que hai tempo que deixou de ser terra de despedida para converterse en terra de acollida. Tantos galegos e descendentes de galegos que miran para nós como unha terra de oportunidades. Por iso, hai que acollelos como merecen.
O dunha comunidade que loita polo que merece dentro das regras do xogo, esixindo que se respecten pero sen rompelas. Facerse escoitar e conseguir cousas.
Ese é o Estilo Galicia. O que presentei ante os galegos nas eleccións, e no que confiaron; Con ese estilo presenteime no Parlamento esta semana ante os deputados da oposición, cos que aspiro a chegar a acordos; e, sobre todo, e con ese Estilo comprométome a defender a Galicia os próximos 4 anos.
Fareino porque estou convencido de que nesa Galicia cabemos todos. Nesta Galicia tan variada. Aos que nos votaron e os que non, especialmente aos que non, os que estamos agora e os que virán, os que viven aquí ou os que viven fóra. Todos teñen dereito a esixir do seu Goberno, e esixir de min, especialmente, eses compromisos e ese gobernar para todos.
Fareino porque estou convencido de que é o mellor para esta terra.
Non podo prometer que non cometerei erros no camiño, pero hai algo que si podo prometer: que a vontade de acerto e a ambición que teño polo progreso desta terra si que a podo prometer. Non me move outro obxectivo que non sexa o ben común e traballar porque as cousas vaian mellor.
Sei e pido non estar só nesta tarefa. Precisamente se podo acometela é porque non estarei só.
Estarei acompañado dun Goberno que compartirá o mesmo amor a Galicia.
Dun partido que sempre dá a cara e no que sempre atopo respaldo, ideas e ganas.
Dos compañeiros doutras comunidades que sempre son unha voz amiga, e que hoxe fixeron este esforzo e que xuntos traballaremos.
Pero sobre todo estarei acompañado de quen nunca deixou o meu lado, das miñas maiores críticas, as miñas fillas, implacables, e fan ben.
A miña muller Marta, menos crítica, ou polo menos non tan encarnadamente, pero que sabe que o seu consello e a súa sinceridade é a que máis agradezo do mundo.
A miña nai. Que me coñece desde que nacín e polo tanto, sabe cando vou ben e cando vou mal e que non se corta tampouco en dicilo.
E ao meu pai, que estaría moi orgulloso deste camiño no que estou e que me dixo que en ningún caso debería seguir. Sei que estaría orgulloso.
Os políticos temos que ter os pés na terra, e cando se perde esa perspectiva pérdese todo. Por iso é importante ter xente sincera, a familia, os amigos de verdade, os colaboradores, a xente que che diga as cousas. Que che lembren por que estás aquí é a maior maneira de acertar. Eu dediquei a maior parte da miña vida ao servizo público non me arrepinto, é duro pero paga a pena. A honra de estar hoxe aquí é a maior honra que pode ter un servidor público.
Por iso, hoxe máis que tomar posesión como Presidente da Xunta, tomo posesión como o primeiro servidor de Galicia. O primeiro servidor de todos vós, e con todos vós quero facer este camiño.
Moitas grazas.”