Como dicía na anterior entrada, as eleccións europeas terán lugar en España o 9 de xuño. E iso fai que todos os partidos políticos poñan en marcha as súas maquinarias.
Así o Partido Popular de Galicia deu o pasado venres luz verde ao
seu Comité de Campaña para as eleccións europeas, que contará con Paula Prado
como directora de campaña e que buscará poñer a disposición dos galegos
propostas en positivo e un proxecto apegado ás súas necesidades.
Así
o acordou o Comité de Dirección do PPdeG, encabezado polo presidente Alfonso
Rueda, nunha reunión celebrada na sede autonómica do partido e na que, entre
outros asuntos, se deu un último repaso aos resultados electorais do 18 de
febreiro.
“Conseguimos
en total máis de 700.000 votos. O que supón máis dun 47% do total, 84.000 votos
máis que en 2020 e 30.000 votos máis que o PSOE e o BNG xuntos”, lembrou Paula
Prado ao tempo que remarcaba que o PPdeG foi “o partido preferido pola xente
nova e o que aglutinou maior voto feminino”.