Visito onte «Ourense no tempo» que é a sexta das exposicións que se poñen en marcha no marco dun proxecto máis amplo, 'Cidades no tempo', que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago, Ferrol, Lugo, A Coruña e Vigo.
Encantoume e recomendo a todos os ourensáns que a visiten. Leva aberta desde o 5 de marzo e pódese visitar na Sala de Exposicións de Afundación sita na Praza Maior ata o 11 de maio de 2024.
O relato explora a cidade desde as súas orixes ata a actualidade combinando obxectos de alta cultura e cotiáns, obras de arte, documentación histórica, mapas e planos, recreacións virtuais, fotografías e publicacións. Unha oportunidade de profundar na cidade das Burgas desde moi diversas perspectivas: os fitos históricos e os mitos, o desenvolvemento urbanístico, a economía e a industria, o tempo libre ou a cultura.
Amosa 50 pezas de moi diferente tipoloxía, entre obxectos de alta cultura e cotiáns, documentos históricos, obras de arte, fotografías e publicacións, mapas, recreacións virtuais e arquivos sonoros, «Ourense no tempo» pon de manifesto a historia dunha cidade crave nas comunicacións de Galicia, tanto cara ao litoral da Comunidade, como cara a Castela e Portugal. Reflíctense así na exposición as consecuencias de ser un nó de camiños, a través dos cales chegaron moitas influencias tanto no artístico como noutros campos.
Gran actividade intelectual
A exposición está comisariada por Manuel Gago, doutor en Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega. Nesta ocasión conta co asesoramento, como coordinador local, do arqueólogo e escritor José María Eguileta.
A iniciativa está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración de Afundación, Obra Social ABANCA.