Difunde hoxe o Instituto Galego de Estatística, un Informe sbre afiliacións á Seguridade Social correspondente ao mes de lebreiro de 2024.
Así coñecemos que o número medio de afiliacións a Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de febreiro do ano 2024 acadou a cifra de 1.055.018 para o total do sistema, o que supón un incremento respecto ao pasado mes de xaneiro de 2024 de 4.488 afiliacións (0,43%).
Para o conxunto estatal a cifra de afiliación sitúase en 20.708.382, rexistrando un incremento do 0,50% con respecto ao pasado mes de xaneiro.
Na comparativa interanual (febreiro de 2024 con febreiro de 2023) obsérvase un aumento de 19.194 afiliacións no total do sistema en Galicia (1,85%) e un aumento do 2,67% (538.239 afiliacións) no conxunto estatal.
Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de xaneiro de 2024, rexistrase un aumento das afiliacións en todas as comunidades autónomas, agás en Castilla La Mancha, destacando Illes Balears cun incremento do 3,18%.
En canto ás taxas con respecto a mesmo mes do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Canarias, Madrid e Illes Balears con taxas interanuais superiores ao 3,50%.
Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e Instituto Galego de Estatística