lunes, 4 de marzo de 2024

En febreiro baixa o paro rexistrado en Galicia (-0,40% ) e en Ourense ( -0,16 % )

 

Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de febreiro de 2024.

Galicia:

Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de febreiro en relación co mes anterior en 518 persoas, un -0,40 %. 

Queda situada a cifra de desemprego en 130.583 persoas. 

Por sectores, 4.252 son da agricultura, 12.785 da industria, 8.759 da construción, 93.300 dos servizos e 11.487 do colectivo sen emprego anterior. 

A nivel interanual, isto é, con respecto ao mes de febeiro do ano pasado, 13.509 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 9,38 %. 

 Ourense

Baixa o paro rexistrado en febreiro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 25  persoas, un -0,16% %.

O número de parados queda en 15.362 deles 6.617 son homes e 8.745 mulleres, 14.677 son maiores de 25 anos e 685 menores.

Por sectores, 777 son da agricultura, 1.534 da industria, 1.042 da construción, 10.524 dos servizos e 1.495 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 1.159 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 7,02 %.