Esta mañá o Parlamento de Galicia celebrou a sesión constitutiva da XII Lexislatura da Cámara.
O acto
comezou coa constitución da Mesa da Idade, a elección da Mesa da Cámara para a
Lexislatura que comeza e a prestación e promesa ou xuramento, por parte de todos
os deputados e deputadas, de acatar e gardar fidelidade á Constitución Española
e ao Estatuto de Autonomía de Galicia.
A
composición da Mesa do Parlamento de Galicia é a seguinte:
Presidencia: Miguel
Ángel Santalices Vieira. Vicepresidencia 1ª: María Elena Candia
López. Vicepresidencia 2ª: María Montserrat Prado Cores .Secretaría: Ethel
María Vázquez Mourelle Vicesecretaría: Patricia Iglesias Rey
Antes de rematar o
acto, o presidente da Cámara da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira,
reiterou o seu cariño á institución parlamentaria e fixo un chamamento á
altura de miras de deputadas e deputados.
Santalices amosou o
seu desexo de que o conxunto de deputadas e deputadas logren, nesta
Lexislatura, “estar á altura da confianza" que lles foi outorgada pola
cidadanía nas urnas e compartiu unha arela: “a paz; acabar coas guerras, que só
traen sufrimento e descalabro".