viernes, 22 de marzo de 2024

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil conmemora o Día Mundial da auga cos escolares

Foto da web da CHMS

Dentro das actos conmemorativos do Día Mundial da auga, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do MITECO, programou para hoxe un conxunto de actividades nas ribeiras do río Tea na Ponte do Cordeiro (Salvaterra de Miño).

Así o alumnos e alumnas do CEIP Infante de Borbón de Salvaterra de Miño participaron nunhas  mesas de traballo,  nas que aprenderon acerca da celebración do Día da auga, do coidado do medio ambiente e da importancia dos pequenos xestos diarios.

Comprobaron o estado do río Tea, a presenza de macro-invertebrados acuáticos, bosque de ribeira, vertebrados asociados ao río, calidade da auga, temperatura, ph, entre outros parámetros; ademais, reforzáronse pautas de bo uso do recurso para transmitir ás súas familias; e, por último, colocouse unha caixa niño para aves, co obxectivo de responsabilizar aos pequenos do seu coidado, protección e vixilancia nas súas visitas a este río.

Unhas actividades enmarcadas dentro do proxecto “Gústame o meu Río: ensíname a coidalo”, deseñado pola CHMS e no que cada ano participan ao redor de 300 escolares. 

Por certo, un proxecto moi ben xestionado, enmarcado dentro das habituais actividades de educación ambiental do organismo de conca con sede na cidade de Ourense.