Galicia falou onte nas urnas cunha altísima participación e dunha maneira moi clara determinou un claro gañador das eleccións o PP de G.
Alfonso Rueda alcanza a súa primeira maioría absoluta como candidato e consolida a senda de cinco conseguidas desde a primeira lograda por Feijóo en marzo de 2009.
O PP conseguiu 700.491 papeletas (o 47,36 % dos votos) e 40 escanos. Dous menos que no 2020, con Feijoo como candidato. Dous máis que os necesarios para gobernar a comunidade sen necesidade de pactos.
O BNG de Ana Pontón foi segundo, obtivo 467.074 papeletas (31,57 %) e 25 escanos, seis máis que fai catro anos. O independentismo maquillado avanza á conta de PSOE e Sumar, pero segue sen sintonizar coa maioría dos votantes,
O PSdG- PSOE quedou en terceira posición, con 207.691 votos (14,04 %) e de 9 escanos. Os socialistas colleitaron o peor resultado da súa historia. E os galegos censuraron dunha maneira manifesta a xestión de Pedro Sánchez.
E en cuarto lugar irrompe Democracia Ourensá, que obtén 15.312 papeletas en Ourense (1,03%) 1 escano. A súa capacidade de influencia será mínima ao non ser chave.
Vox obtén 32.493 votos, Sumar Galicia 28.171, o PACMA 5.373 e Podemos 3.854. Ningún obtén escano.