lunes, 19 de febrero de 2024

Eleccións 18F: Victoria incontestable do PPdeOU que obtén o 49,90 % dos votos en Ourense e oito das catorces actas




Os ourensáns acudiron masivamente ás urnas (68,96 %) e falaron claro decidindo que o Partido Popular fora o máis votado en 87 dos 92 municipios da provincia, o que supuxo manter os oito deputados cos que xa contaba no Parlamento de Galicia.

O PP obtivo 86.144 votos, un 49,90 % do total, o que supón un 3,19 % menos que nas eleccións do 2020. Na provincia de Ourense, 1 de cada 2 veciños apoiaron ao PP, unha victoria incontestable pois obtivemos máis que todos os votos xuntos conseguidos polas formacións políticas de Ourense que obtiveron representación no Parlamento de Galicia.

O BNG conseguiu 43.758 votos, un 25,3 %, é dicir, un 5,45 % máis que fai catro anos. Pasa de tres a catro deputados.

O PSOE obtivo 21.425 votos, o que o seu supón un 12,41 % e cede dous deputados.

Democracia Ourensá logrou 15.312 votos un 8,87 % e entra por primeira vez cun escano no Parlamento de Galicia.Nas anteriores eleccións autonómicas pediu o voto para o PP, pero nesta ocasión decidiu competir directamente contra nós. Con todo, non conseguiu o seu obxectivo, que era ser chave para formar goberno en Galicia. O único deputado conseguido deixa a DO na máis absoluta irrelevancia política no Parlamento de Galicia.




A FORMACIÓN MÁIS VOTADA NA CAPITAL

O Partido Popular logrou 39,27 % de apoio (22.520 votos). Un resultado moi satisfactorio que ten dous piares.

. O traballo desenvolvido por candidatos, presidentes de distrito, afiliados e voluntarios durante os quince días de campaña por todos os barrios, rúas e prazas de Ourense.

. A sinatura por parte do presidente e candidato do PPdeGAlfonso Rueda, e o líder dos populares ourensáns, Luis Menor, do documento Compromiso por Ourense, no que se recollen 12 propostas“ concretas, serias, rigorosas e realizables” para a cidade nos ámbitos sanitario, de vivenda, servizos sociais, transporte público, mobilidade sostible, deporte, turismo e a mellora dos servizos administrativos da Xunta.

EXTRAORDINARIA MOBILIZACIÓN DO PARTIDO. 

Esta foi unha das importantes razóns deste resultadoSó o PP de Ourense foi quen de facer unha campaña con máis de 100 actos na cidade e máis de 80 na provincia. Unha media de 12 actos electorais diarios, algo que non está ao alcance dos outros partidos.

As preto de 5.000 persoas que se deron cita na cancha central do pavillón dos Remedios no mitin de peche de campaña non foi unha casualidadeÉ froito da potencia e da capacidade de mobilización e traballo do Partido Popular en Ourense.

2ª FORMACIÓN POPULAR DE GALICIA en porcentaxe de votos despois de Lugo (54,63 %), contribuíndo de maneira decisiva á primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda e á quinta consecutiva do PPdeG.