sábado, 25 de noviembre de 2023

No Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Cada 25 de Novembro, conmemórase o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Dita data foi instaurada  o 17 de decembro de 1999 , cando a Asemblea Xeral de Nacións Unidas aprobou a resolución que designaba esta data e convidaba a gobernos, organismos, órganos, fondos e programas do sistema da ONU para organizar ese día "actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto do problema da violencia contra a muller".

fachada do Congreso dos Deputados ilumínase de cor morada este sábado co obxectivo de visibilizar e sensibilizar á cidadanía sobre a gravidade da violencia exercida contra as mulleres, lamentando que se sigan producindo estes asasinatos na nosa sociedade.

Tamén está iluminada a fachada do Parlamento de Galicia que unha vez máis reitera ua súa firme condena de calquera expresión de violencia contra as mulleres, así como todas e cada unha das manifestacións da mesma.

A eliminación da violencia contra as mulleres é un reto para todos e debemos seguir traballando contra todas as formas de violencia de xénero promovendo o cumprimento da lexislación vixente e poñendo os recursos necesarios para elo.

Debemos traballar intensamente na colaboración institucional, na concienciación social e na mellora das diferentes medidas e recursos postos en marcha co obxectivo último de desterrar a violencia de xénero, conseguir a recuperación das vítimas e construír entre todas e todos unha sociedade máis xusta e digna.