domingo, 17 de septiembre de 2023

Feijóo afirma que para Sánchez la coherencia, el sentido de Estado y la defensa de las instituciones ya son incompatibles con militar en el PSOE

 

Asisto hoxe en Santiago de Compostela ao acto do Partido Popular ‘Por la igualdad de los españoles’ no que interviron os líderes do PPdeG e do PP.

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, incidiu en que “os galegos temos claro e non admitimos que o camiño do crecemento nunca pasa por crecer a costa dos demais” e remarcou que “Galicia nunca vai permitir, nin tolerar, nin amparar que outros medren a súa costa”.

 

Nesta liña preguntouse “de onde van saír os cartos para sufragar a investidura de Sánchez e para pagar as débedas de quen non soubo administrarse”. E mostrouse categórico: “Non imos tolerar en ningún caso nin baixo ningún concepto que nos quiten eses cartos a quen sempre fomos leais, rigorosos e cumpridores”.

 

Quixo poñer de manifesto así “a postura da inmensa maioría dos galegos, tanto dos que nos votan como dos que non: Galicia non vai permitir que os Orzamentos Xerais do Estado sexan uns orzamentos feitos para as necesidades de Pedro Sánchez e para que o PSOE poida conseguir a investidura”.

 

“O 23 de xullo os galegos falaron alto e claro e votaron sentidiño: Galicia quere unha España unida, solidaria e igual na que ninguén sexa máis a costa de que outros sexamos menos”, insistiu.

 

Amosou tamén o seu orgullo de que un galego como Alberto Núñez Feijóo, que “ten claro onde vai chegar porque ten claro de onde vén”, estea disposto a presidir o Goberno de España “con coherencia, principios e dignidade” e non “a calquera prezo e de calquera maneira”. Neste sentido asegurou que o líder nacional do PP “non é só o presidente que precisa o país, senón o presidente necesario e imprescindible para que a política en España recupere a dignidade”.

 

Salientando as diferenzas entre Feijóo e Pedro Sánchez, o líder dos populares galegos contrapuxo a “quen acata as imposicións dunha minoría fronte a quen quere escoitar a todos, quen quere gobernar a toda costa fronte a quen quere facelo preservando a dignidade, quen renuncia aos seus principios fronte a quen os defende e quen está disposto a rachar con todo fronte a quen ten claro que a igualdade de todos os españois é o que lle convén a Galicia e a toda España”.
 

MÁIS FALAR DE IGUALDADE, DE FUTURO E DO QUE QUERE A XENTE

 

“Que non conten con nós os que pensan que a política consiste en poñer os intereses persoais por riba de calquera outra cousa, nin os que din amén a todo o que ordene Madrid, nin os que crean que todos temos que ser nacionalistas e independentistas só porque eles o son”, remarcou Alfonso Rueda para concluír que poden contar co PP todos aqueles que “cren que a política é dignidade e que desde Galicia se pode contribuír a dignificar a política española”.

 

O presidente do PPdeG dixo “basta” de “prometer unha cousa e facer a contraria, de querer rachar cos dereitos e a igualdade de todos os españois, de lavarlle a cara a partidos que non son de recibo como Bildu, de renderlle honores a un fugado da Xustiza e de negociar dándolle a uns a costa de quitarlle a outros”.

 

“Menos amnistías, menos desigualdades, menos falar de pinganillos e máis falar de igualdade e de futuro, que é do que quere falar a xente e o que queremos en Galicia”, remarcou Rueda ao tempo que reivindicaba “unha Galicia cumpridora e responsable, de xente esforzada, aberta, tolerante e seria que ten o mesmo sentidiño que representa o PPdeG”.

 

Alfonso Rueda amosou o seu compromiso a “seguir reclamando o que aos galegos nos corresponde”, recordando algúns dos moitos incumprimentos do Goberno de Pedro Sánchez con Galicia, como nos fondos europeos, no traspaso da AP-9, na formación de médicos de Atención Primaria, na chegada dos trens Avril de Alta Velocidade, no Corredor Atlántico e no resto de infraestruturas paralizadas.

 

“Ademais de reclamar estas cousas e de loitar para conseguilas, temos que esixir respecto. Non queremos máis que os demais, pero tampouco queremos menos”, concluíu a este respecto.

 

PODEMOS FACER UN PAÍS MELLOR ENTRE TODOS

 

Referíndose á oposición, o presidente do PPdeG botoulle en cara ao BNG que “pretendera ter un trato decisivo co seu único deputado e non conseguiu nada” e recordou os resultados das eleccións xerais: “O 23 de xullo, entre o independentismo impostado ou o sentidiño, e entre o que tanto prometían e a coherencia, o resultado foi claro: 25 deputados do PPdeG e 1 do BNG”.

 

Ao PSdeG recordoulle tamén que en Pedro Sánchez teñen un líder “ao que Galicia impórtalle tan pouco que nin lles deixa elixir a un candidato gobernar a Comunidade”. E lamentou que hoxe, na súa visita a Oroso, o líder do PSOE “non vaia escoitar o que necesita Galicia porque nin os seus llo van dicir nin a el lle interesa escoitalo”.

 

“Cando toque decidir, non van ser alternativa nin os que non poden falar nin de si mesmos nin os do 25 a 1 que están sometidos a un dogmatismo absoluto”, concluíu.

 

Alfonso Rueda rematou a súa intervención reivindicando Galicia como “unha illa de estabilidade e prosperidade que se dedica a resolver os problemas que lle importan á xente”. Unha Galicia que “avanza en paz, pensando que non ten que perder ninguén para que outros gañen e que podemos facer un país mellor entre todos”.

 

“Ningún voto nin ningún goberno valen o que vale a dignidade dun político. O que vale é recordar que quen gañou as eleccións merece gobernar para non poñer en xogo a igualdade, o benestar e o futuro de Galicia e para que se cumpra a lei desde a lealdade e desde o convencemento de que na solidariedade de todos está a nosa ganancia”, finalizou.


Cerró el acto Alberto Núñez Feijóo que  afirmó que para Sánchez la coherencia, el sentido de Estado y la defensa de las instituciones ya son incompatibles con militar en el PSOE.


El presidente del Partido Popular recordó que al último que había expulsado la ejecutiva del PSOE “por manchar las siglas, dar un pucherazo y por que temían que hiciese todo lo que ha hecho, fue a Sánchez en 2016

Lamentó que el sanchismo ahora se atreva a expulsar a quienes defienden la Constitución, a los que defienden que son un partido socialista y no un partido elitista y lo mismo que ellos mismos defendían hace meses: la dignidad.


Invitó a todos los españoles al acto del próximo día 24 en Madrid: “Más allá de que hagamos actos, de lo que estamos hablando va mucho más de las siglas de una u otra formación política.


Afirmó que en este tiempo, nunca se ha tenido que defender con tanto énfasis este principio de igualdad entre todos, por haber llegado a un momento de tanta degradación moral y política a la que ha llevado Sánchez.


Subraya que el Gobierno concedió los indultos, la eliminación de la sedición y la rebaja de la malversación que exigió ERC por conveniencia personal de Sánchez, tal y como ha hecho con una campaña de imagen a Bildu y ahora pretende con un prófugo de la Justicia, que puede decidir quién debe ser el presidente.


Resaltó que el PP defenderá la igualdad de todos “en cualquier circunstancia, cueste lo que cueste y apuesta por defender la igualdad de todos”, porque la Justicia no puede hacer distinciones y “el privilegio de unos pocos es perjuicio de todos”


Incidió en que el Gobierno ha de ser para todos, no para una elite política, que un político independentista no vale más que un ciudadano que no lo es y apuesta por la defensa de la libertad; la de un presidente que no esté sometido, la libertad de voto y la libertad de expresión.


Cree que al PSOE de Sánchez le molesta que el PP vaya a la investidura por haber ganado el 23J, que celebre mítines, que recuerde lo que significa la Constitución y defienda la igualdad, “que les recordemos sus incontables mentiras o cambios de opinión” e ironiza: “Les molesta el PP, e incluso el propio PSOE”


Proclamó que “los españoles no van a perder la dignidad” y pueden estar tranquilos al contar con un partido de Estado que defiende los intereses generales, trabaja para todos, es una alternativa constitucional y constitucionalista a la suma de minorías en contra, el Partido Popular.


Consideró cumplido el compromiso al dejar la presidencia del PP de Galicia: Me fui a Madrid a presidir el PP y defenderé mi investidura a la Presidencia del Gobierno después de haber ganado las elecciones del 23


Se dirigió al público en gallego y en castellano, lenguas que en Galicia se hablan “con libertad y naturalidad” y lamentó “el absurdo del pinganillo” cuando todos tenemos la manera de entendernos perfectamente.


Consideró un honor y bromeó con que “solo un gallego” podría tener como primera intervención en el Congreso de los Diputados un debate de investidura a la Presidencia del Gobierno.


Trasladó un recuerdo a “un gallego bueno que se ha ido”, Pepe Domingo Castaño, que nos dejará en silencio las tardes de domingo, “un padronés que nos honra” y a quien manda “un abrazo eterno”, para él, su familia y los compañeros de la radio.