Celebro moito que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade veña de rematar as obras para a execución dunha parada de autobús intermodal do Carballiño, cun investimento de preto de 170.000 euros.
Lembro que nunha entrada deste Blog de data 5 dexullo de 2022 daba conta de que esta Consellería tiña licitado por 144.505 euros as obras para a execución desta parada de autobús intermodal.
http://www.celsodelgado.gal/2022/07/a-conselleria-de-infraestruturas-e.html
Certamente resulta imprescindible que a segunda Vila en poboación da provincia conte cunha estación ferroviaria con servizos axeitados prestados por Renfe - o que non ocorre agora- e por iso resulta moi convinte que neste punto neuralxico coincidan con servizos de transporte por estrada, para acadar unha efectiva intermodalidade.i
Nesta nova XV Lexislatura imos os deputados
ourensáns a preocuparnos máis polo incremento e mellora dos servizos
ferroviarios entre O Carballiño e as
cidades de Ourense e Santiago.
http://www.celsodelgado.gal/2021/09/demandando-mejores-servicios-para-los.html
A nota de prensa dí: “Trátase dunha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular na parcela situada na explanada da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo, co fin de favorecer a intemodalidade entre os dous medios de transporte.
As obras consistiron na instalación dunha parada de autobuses, configurada como illa, entre a citada avenida, a dársena de aparcamento da estación ferroviaria e os accesos á mesma.
Na intervención incluíuse a incorporación dunha zona axardinada, mobiliario urbano e unha marquesiña a ambos os lados, xerando así dúas zonas de parada: a primeira en dirección de acceso á vila sobre a propia avenida; e a segunda, na marxe oposta do núcleo da parada para os autobuses que saen do municipio.
Esta actuación reforzará a comunicación entre a estación ferroviaria e o transporte interurbano por autobús no concello do Carballiño.
A intervención enmárcase nun convenio de colaboración polo que a Xunta achegou o financiamento e executou as obras, mentres o Concello do Carballiño puxo á disposición os terreos necesarios e asumirá agora o mantemento da infraestrutura.
A actuación é financiada no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de covid-19.”